O Sergas xa non dá cuberto todas as prazas de formación para medicina de familia
Das 142 vacantes MIR dispoñibles, nove delas quedaron desertas, todas na área de Lugo. No conxunto do Estado son 200 sen cubrir. Agrávase así o déficit de persoal nesta especialidade mentres profesionais alertan dunha "sobrecarga crónica, insostible e inaceptable" na Atención Primaria. "Que agardaban que pasase?", pregúntanse