O persoal do CHUAC denuncia o "colapso permanente" das Urxencias e chama a manifestarse por máis contratacións e "condicións dignas"
Os traballadores e traballadoras do Hospital da Coruña convocan unha manifestación este xoves 20 de xaneiro dende a Casa do Mar ata o Obelisco baixo o lema "sen persoal non hai Sanidade". Critican que o Sergas "continúa facendo oídos xordos ante o evidente deterioro da atención na nosa área sanitaria"