A oposición chama a manifestarse pola sanidade ante un Feijóo compracente: "Menos mal que estamos aquí para defender Galicia"
O presidente enumera investimentos en centros de saúde e tecnoloxía como resposta ás demandas de máis persoal sanitario
O presidente enumera investimentos en centros de saúde e tecnoloxía como resposta ás demandas de máis persoal sanitario
Almuíña anuncia incentivos económicos e en forma de puntuación a quen traballe en centros do rural e do interior ou en especialidades de difícil cobertura, tal e como reclamaran os profesionais ao estoupar o conflito en Verín.
O sindicato O'Mega denuncia o falecemento dun home que esperaba a ser atendido, di que é o sexto caso nestas circunstancias nos últimos anos e advirte da falta "recursos loxísticos e humanos" no servizo.
"Temos o obxectivo de loitar contra o silencio e o medo que provoca unha palabra ata agora tabú", subliña a AECC, cuxo último estudo advirte de que "as familias dos pacientes de cancro asumen o 45% do custo da enfermidade"
Tras meses de peche e protestas, o hospital recupera a atención aos partos tras cubrir o Sergas unha das dúas prazas convocadas. O xefe de Xinecoloxía amosa a súa "satisfacción" pero acusa a Xunta de colocarlle "un estigma" aos profesionais: "Fixéronnos moito dano".
O Consello Galego de Colexios Médicos carga contra o Sergas por unha "inédita variante" de permiso que "retorce o obxectivo para o que foi creado" e que "traslada ás nais a decisión de parir en Verín".
Veciñanza maniféstase en Fisterra "contra os recortes en pediatría" ao quedar sen o especialista durante o seu período de vacacións. A doutora que atendía en Cee e Corcubión foi contratada polo Sergas para Verín.
Sanidade envía unha circular para "regular" a colocación de carteis e anuncios tras "detectar prácticas que non se axustan ás condicións de limpeza ou resultan inxuriosas ou ofensivas" e veta mensaxes que "favorecen determinadas formacións políticas ou ideolóxicas".
O presidente da Xunta anuncia que o hospital comarcal recuperará a atención aos partos a vindeira semana, xusto dous meses despois de que a Xunta suprimise ese servizo e as urxencias pediátricas.
A intensidade da doenza mantén a cualificación de "baixa", pero mantense á alza. Os ingresos hospitalarios pola enfermidade achéganse aos 500, dos que a metade foron xa dados de alta. Dos 351 casos que tiñan indicada a vacina, 206 non estaban vacinados.
Unha nai deu a luz a unha pequena sen a presenza dun pediatra, que chegou desde Ourense varios minutos despois do nacemento e ante a imposibilidade de poder trasladar a muller ao CHUO.