O comité sanitario do PSdeG recomenda a Caballero reforzar centros de saúde e servizo de ambulancias público se é presidente
O comité que redactou o informe, encabezado pola ex-conselleira María José Rubio, advirte o PSdeG de que un eventual novo Goberno galego debe "asumir a enorme probabilidade de confrontar con novos brotes da COVID-19" en cuxa contención sería "protagonista" a Atención Primaria