Pola sanidade pública
O Sergas prevé pechar unha de cada dez camas hospitalarias no verán
Sanidade estima que os hospitais públicos galegos contarán co 89,5% das prazas entre xullo e setembro, xustifica o peche no "decremento da demanda asistencial" e aclara que "estarán operativos todos os recursos necesarios".
A Xunta ten dez días para adaptar o Sergas á aplicación da lei de eutanasia
O vindeiro 25 de xuño acaba o prazo para crear a Comisión de Garantía e Avaliación que aplicará a lei en Galicia, cuxo proxecto está xa redactado pero aínda sen aprobar.
O Sergas pechará cando menos medio milleiro de camas hospitalarias no verán
Varias áreas sanitarias confirman aos sindicatos a perda de máis de 460 prazas de ingreso nos hospitais galegos, á espera dos datos dalgunhas xerencias.
A comida do Hospital Álvaro Cunqueiro viaxará desde Zaragoza mentres pecha a cociña por obras
A CIG denuncia que as instalacións precisan dunha "reparación importante tras só cinco anos de funcionamento" e que a concesionaria decidiu un peche que provocará que a subcontrata traslade os menús desde Aragón.
As enfermeiras eventuais albiscan no plan do Estado contra a temporalidade os primeiros froitos tras dous anos de loita
Eventuais en Loita acolle "con esperanza pero sen euforia" a proposta do Goberno central á UE para reducir a precariedade ao cumprirse dous anos da súa 'revolta' e tras a denuncia que "impresionou" en Bruxelas.
A Xunta prevé menos atención presencial no Sergas que antes da pandemia e volve axitar o persoal médico
Sanidade insiste en incentivos económicos para aumentar ao 60% a presencialidade pero advirte de que non volverá ao nivel preCOVID. Profesionais acusan a Consellería de "transmitir unha idea falsa" e sinalar os médicos.
As camas hospitalarias en funcionamento en Galicia baixaron ata outro mínimo do século no ano previo á pandemia
En 2018, Galicia descendeu por primeira vez no que vai de século das 9.000 camas hospitalarias en funcionamento; en 2019 eran 8.906, segundo os datos que vén de actualizar o IGE. Nos últimos anos, a Xunta sinalou o ritmo crecente de operacións cirúrxicas no Sergas como mostra de que "o recurso cama xa non é tan imprescindible coma antes"
Vinte localidades acollen mobilizacións pola "reversión" dos recortes nun Sergas máis "debilitado" pola COVID
SOS Sanidade Pública xunta centos de persoas en varios municipios reclamando a fin da "precariedade" no sistema sanitario e censurando o uso"político" da pandemia por parte de Feijóo.
Razóns para mobilizarnos este 21 de abril
Xosé Mª Dios Diz
O Sergas prevé recuperar o atraso asistencial provocado pola COVID desprazando doentes entre áreas sanitarias
A Xunta xa ofrecía a posibilidade de operarse en centros privados cando a espera nos públicos superaba o límite legal e agora Feijóo anuncia a futura “inxección” de 15 millóns de euros para axilizar probas, consultas e cirurxías
O Sergas atende as demandas do persoal da UCI do Clínico de Santiago tras cinco meses de folga
O acordo asinado compromete a reforma da unidade, formación nas novas técnicas e novos aparellos e un plan funcional para regular o funcionamento do espazo.