Outro berro masivo en Vigo pide máis medios para unha Atención Primaria "en perigo extremo"
Unhas 20.000 persoas maniféstanse en defensa da sanidade pública e reclaman máis persoal nuns centros de saúde "ao bordo do colapso".
Unhas 20.000 persoas maniféstanse en defensa da sanidade pública e reclaman máis persoal nuns centros de saúde "ao bordo do colapso".
A Xunta conclúe que "a modalidade de atención telefónica segue a ser a preferencia" de quen pide cita médica por internet ou teléfono porque no primeiro día co servizo reactivado, o 47% "escolleron a atención presencial" e o total de citas concertadas por esta vía "se incrementou moi pouco" a respecto do día anterior
O Sergas permite desde este xoves solicitar unha cita para ser atendido nos centros de saúde, onde o persoal mantén as críticas polas longas listas de espera, a excesiva carga de traballo ou a falta de medios e investimentos.
Rocío Fraga relata a súa situación, común a outras pacientes, salientando que acumula nove meses á espera da realización dun TAC. Nunha queixa presentada ante a Valedora do Pobo critica tamén a imposibilidade de realizar na área sanitaria da Coruña probas de Dermatoloxía Dixital, non invsivas e moi útiles na súa situación, e si existentes noutras áreas sanitarias.
CIG-Saúde denuncia que “non se substitúen as vacacións e baixas e hai centros nos que o resto do persoal leva absorbendo esta atención a maiores desde hai meses”
O equipo de xinecoloxía e mais catro matronas recorren o arquivo da súa denuncia contra o xerente da área sanitaria, Félix Rubial, por inxurias graves.
Eventuais en Loita lanza outra voz de alarma ante a falta de profesionais, o "esgotamento" pola pandemia, a "fuxida" de enfermeiras a outros territorios e a precariedade e "realidade ficticia" no Sergas.
Os datos da primeira metade do ano, habitualmente mellor que a segunda metade, están dez días por riba do límite fixado na lei de garantías sanitarias
A vacinación masiva deixa os centros de saúde sen enfermeiras, que dobran quendas para cubrir vacacións e asumen máis carga de traballo polo impacto dunha onda que se ceba na medicina familiar.
A veciñanza subliña que a dispersión da poboación e a súa elevada idade media fai preciso cubrir a praza do doutor xubilado. "Se hai dúas urxencias, a resposta vai ser a da última vez, que a doutora escolla a prioritaria?", pregúntanse
O resto de profesionais deberán acreditar a titulación e ter un ano de experiencia ou pasar un curso de adaptación gratuíto