Anatomía do colapso na saúde mental en Galicia: á cola do Estado en cobertura mentres a pandemia agrava os problemas
Galicia afronta o impacto da COVID coa peor taxa, xunto a Andalucía, de psicólogos clínicos por habitante, menos de 4 por cada 100.000. O país sitúase á cabeza do Estado en casos de depresión e ansiedade e en "estado de alerta" por falta de recursos, segundo denuncian os profesionais.