Da vacina obrigada ás multas por saltar a corentena: as claves da reforma sanitaria que o PP tramita de urxencia no Parlamento
O PP impulsa a modificación exprés da Lei de Saúde para blindar a facultade da Xunta para ditar confinamentos, peches ou cribados pola COVID e incorporar novas medidas sancionadoras, con multas de ata 600.000 euros, ou prohibir o 'botellón'.