Vigo
Baena e Sánchez-Bravo, lembrados para sempre en Vigo e o asasinato de Reboiras, á querela arxentina
Dous dos cinco últimos fusilados polo franquismo serán homenaxeados polo Concello, que prevé tamén dedicarlle cadansúas rúas. A familia do militante nacionalista asasinado pola policía franquista incorpora o seu caso á demanda en Bos Aires contra os crimes da ditadura.
'Abrazar a Pancho', un poema inédito de Ferrín que proxecta nas novas xeracións as loitas do pasado
Iago Castro publica nun artigo en Madrygal un texto que o poeta dedicou en 2001 a un traballador do naval e que foi rescatado anos despois pola súa sobriña nunha redacción na clase de Lingua Galega. O texto, destaca, "leva ao poético a memoria da loita colectiva" e "conecta estas loitas do pasado co presente", neste caso a través da lectura que realizou a rapaza: “eu sempre estarei orgullosa do meu tío; é un claro exemplo a seguir: unha persoa loitadora”.
- Entrevista | Esther Carrodeguas Memoria antifranquista
- Acontece Vigo
A folga xeral de Vigo de 1972 viaxa entre xeracións: "O diálogo da memoria cos adolescentes é primordial"
Esther Carrodeguas (ButacaZero) coordina un proxecto impulsado por España en Liberdade e Teatro del Barrio no que un grupo de 11 mozos e mozas afonda na histórica mobilización sindical a través das artes escénicas e en conversa cos seus protagonistas. O proxecto de investigación escénica estrearase na Sala Ártika en novembro e antes celebrará un "conversatorio interxeracional" e un roteiro polo Vigo obreiro.
Adaptarse ou morrer: non hai volta atrás nas altas temperaturas do mar
O verán deixa récords de máximos en todas as boias de medición que ten Portos do Estado en Galicia, con 23,13º de temperatura na superficie do mar na baliza de Estaca de Bares. "Normalmente toda a costa atlántica de Galicia e Portugal está protexida nas zonas de afloramento, que actúan como unha sorte de refuxio térmico. Pero, ata cando poderán aguantar?", cuestiona o investigador da UVigo Ramón Gómez Gesteira.
Vigo pon en marcha o seu plan para poñer en alugueiro 13.000 vivendas baleiras
Pretende converterse en "caseiro" e ofrecer prezos accesibles mobilizando inmobles baleiros, poñéndoos no mercado e garantindo o arranxo de calquera estrago.
SON&MAR: Golpes (moi) Baixos
Manuel Seijo
O fútbol esquece o risco climático: golpes de calor, baixas e lesións a máis de 30 graos en Balaídos
Varios afeccionados tiveron que ser atendidos nas bancadas durante o encontro entre o Celta e o Málaga disputado ás 14 horas malia os avisos meteorolóxicos. O futbolista Pablo Durán, afectado pola calor, non puido disputar un partido no que Iago Aspas sufriu unha rotura que o seu técnico atribúe tamén aos efectos climatolóxicos. Os problemas estendéronse por varios estadios da Liga.
Case 17 anos de prisión para o vigués que tratou de asasinar a súa exparella e lle queimou o 28% do corpo
A Audiencia de Pontevedra considera probado que o condenado levou a cabo este intento de asasinato "movido por un sentimento de superioridade e posesión" cara á vítima "como muller e parella"; e incide en que o vigués se mantivo "sen aceptar a ruptura" da relación e non cesou na súa intención de "dominar e menosprezar" a vítima
A taxa turística chega a Vigo o 1 de outubro
O concello vigués aproba definitivamente o tributo turístico, que xa rexe hai un ano na Coruña e Santiago, con varios descontos sobre os topes legais permitidos pola Xunta. Ata o 1 de xullo de 2027 a taxa viguesa só gravará as dúas primeiras noites e non o máximo legal de cinco. Para os cruceiros insire unha moratoria dun ano
Medio ano sen cita en Psiquiatría do Sergas tras ingresar por risco de suicidio
O vindeiro 10 de setembro, Día mundial da prevención do suicidio, volveremos falar das arredor de 300 persoas que se quitan a vida cada ano en Galicia. Casos coma o desta paciente de Vigo dan conta da incapacidade da sanidade pública galega para facer fronte ao risco de suicidio e para garantir unha axeitada atención á saúde mental
Sensibilidade ambiental e ordenación do territorio
Xosé Manuel Souto e Lurdes Arias (Salvemos a Barroca)