"Nos locais nocturnos acábanse normalizando comportamentos que non se poden aceptar. Son acosos"
A asociación 85C está a poñer en marcha, en colaboración con locais da cidade de Vigo, un protocolo de actuación contra as violencias machistas que se producen no ocio nocturno. O 60% das mulleres que responderon a un dos seus cuestionarios afirmou ter sufrido algún tipo de acoso