Adif encarga o deseño dunha conexión directa en Redondela das liñas de Portugal e A Coruña
A obra facilitará a saída de mercadorías dos portos de Vilagarcía e Marín cara á Meseta, evitará manobras aos trens internacionais
A obra facilitará a saída de mercadorías dos portos de Vilagarcía e Marín cara á Meseta, evitará manobras aos trens internacionais
A depuradora do maior polígono de Galicia non estará finalizada ata "finais deste ano" e a posta en servizo para a veciñanza da metade da súa vía de conexión segue pendente sete anos despois do seu remate
A sociedade anónima deportiva salienta o “gran ritmo” das obras dunha instalación que define como “respectuosa ao máximo co medio ambiente” malia as dúbidas que varias administracións, incluída a galega, teñen do seu impacto
Os pacientes dunha zona da segunda planta do complexo tiveron que ser trasladados tras descubrirse a presenza destes insectos o pasado sábado.
O documento inicia agora a súa avaliación ambiental, procedemento que o bipartito quixo axilizar ilegalmente provocando a anulación xudicial de todo o documento sete anos despois
Como na anterior precampaña electoral, cando viaxou á sede da empresa en París co coronavirus xa activo en Galicia, o presidente visita a fábrica viguesa de PSA mentres Macron anuncia medidas para potenciar en Francia "a produción de valor engadido" da compañía
En 2018 o Concello de Vigo reformou a ordenanza que eximía de pagar o IBI a todos os centros do Sergas na cidade, ao abeiro da cal a concesionaria do Cunqueiro lograra non ter que pagar este imposto municipal. Tras rexeitar o recurso da empresa, o TSXG fai o mesmo co da Xunta nunha sentenza que o Concello vigués celebra porque, subliña, supón case un millón anual máis de ingresos para as arcas municipais
A Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou a iluminación dos tirantes exteriores do viaduto e Audasa confirma que segue pendente do que as administracións poidan determinar sobre outro tipo de luces decorativas
Responsables municipais das dúas beiras do Miño piden coordinación no desconfinamento aos dous estados e asumen que a libre circulación tardará en volver
A Xunta considera que a reforma parcial do complexo de talasoterapia “non melloraría moito o impacto”. A mesma consellería iniciou tamén estes días a tramitación do impacto ambiental dunhas 150 vivendas sobre o casco vello da vila veciña.
En 2015 o Supremo anulou o anterior plan de urbanismo por argumentar unha présa que non era tal para saltar a tramitación ambiental que agora comeza na que os prazos para a cidadanía non contarán ata que remate o estado de alarma
Dende a pasada semana a entidade do Val Miñor está a publicar vídeos de rapaces e rapazas da comarca que recomendan obras infantís e xuvenís en galego, e que comparten coa etiqueta #quedonacasalendocontigo