A UVigo tamén pedirá título propio tras o 'non' de Medicina a un acordo que "chega morto"
O consello de goberno da universidade viguesa decide non votar o pacto de descentralización e confirma que seguirá adiante na súa solicitude de grao para 2027, ao igual que a UDC. "Non procede que nos sumemos a un pacto desbotado pola USC”, di o reitor.