
"Teño a manía de querer facerme entender"
"Considero que a performance encárgase de rachar as barreiras entre que é vida e que é arte". Silvia Penas leva a poesía alí onde vai, e non deixa de subirse os escenarios cos seus diferentes proxectos
"Considero que a performance encárgase de rachar as barreiras entre que é vida e que é arte". Silvia Penas leva a poesía alí onde vai, e non deixa de subirse os escenarios cos seus diferentes proxectos
O Supremo fai firme que a empresa tecnolóxica discriminou e atentou contra a dignidade profesional do seu empregado de forma "sistemática", polo que terá que indemnizalo
Familias sen teito, maiores, dependentes, mulleres que sofren violencia de xénero, persoas consumidoras, persoas con algunha discapacidade... Toda a poboación que pode estar nunha situación de vulnerabilidade nalgún momento da súa vida necesita a atención das traballadores sociais municipais que, no caso de Vigo, veñen de comezar mobilizacións para reclamar máis persoal que lles permita mellorar a atención cada día. Nesta cidade existe unha traballadora social municipal por cada 17.000 persoas, o que supón o dobre da carga para cada profesional que establece a lei galega.
Dous responsables de manter durante anos o ruído dunha fábrica de formigón de Redondela sen que xulgados nin Administración os parasen chegan a un acordo para pagar 85.000 euros e non entrar na cadea
O departamento da Xunta que vela polo libre mercado constata que se manteñen incumprimentos e que noutros casos aínda non ten certificado que as empresas implantasen as melloras comprometidas
A familia revela que avisara "insistentemente á Xunta" de que o home, con problemas de saúde mental, "non estaba ben" nos últimos días, nos que amosaba máis "agresividade". A irmá, septuaxenaria e con problemas de mobilidade, leváballe cartos e comida- A Funga, entidade pública responsable da tutela de persoas adultas, acumula evidencias de eivas no seu funcionamento, moitas delas reflectidas en ditames xudiciais
A construtora foi sancionada con 2,5 millóns por cobros ilegais a compradores cando Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, era un dos socios, e tras ratificar o Supremo a multa pediu non pagar o 75%, pero a xustiza rexéitao
Complexa. Esta é a palabra que máis empregan desde o Concello de Vigo para referirse ao proxecto de rehabilitación do Barrio do Cura. Foi un xogador de fútbol, Valery Karpin, o primeiro impulsor da actuación en plena zona vella de Vigo hai máis de 20 anos. Mais, tras esgotar cartos e paciencia, o proxecto cambiou de mans. Hoxe en día pertence a un fondo americano. As primeiras licenzas foron outorgadas a finais de 2023 e unha xuíza vén de anular o proxecto de urbanización.
En menos dunha semana a área Pontevedra rexistrou a morte de tres traballadores que perderon a vida desepeñando a súa tarefa profesional, no sector naval, na construción e no sector industrial. Dous deles foron en Vigo e outro no concello de Vilanova de Arousa. Tiñan 50, 25 e 36 anos.
A popular, que non foi incluída nas listas do PP para as eleccións do 18F, anuncia que deixa a primeira liña política tras 30 anos pasando por todo tipo de cargos públicos
O comisario europeo de Medio Ambiente di, en resposta a unha pregunta do BNG, que é competencia estatal ou galega avaliar o proxecto da familia Mouriño pero lembra as precaucións que se deben adoptar
Tras 105 días en folga indefinida, o cadro de persoal de Vitrasa votou este venres a favor de aceptar a última oferta da empresa e devolver a normalidade ao transporte urbano de Vigo. Porén, a folga seguirá ata, como mínimo, o luns, cando se reúnan membros do comité con representantes da empresa e asinen un primeiro acordo.