O PPdeG non se pronuncia sobre a concesión que pide a parella de Feijóo a Costas "como unha cidadá máis"
A número 2 do partido, Paula Prado, remítese a "se cumpre a normativa e se fai unha solicitude conforme á lexislación vixente
A número 2 do partido, Paula Prado, remítese a "se cumpre a normativa e se fai unha solicitude conforme á lexislación vixente
Poucas cancións refiren máis claramente o sentimentos antifascista que o 'Grândola Vila Morena', de Zeca Afonso. Por estas latitudes singra o imaxinario popular esa composición lusa e mais o 'Bella Ciao'. Ambas as dúas cancións soaron pola megafonía do estadio de Balaídos o pasado sábado, coicidindo co partido do Celta fronte ao Betis.
Costas ratifica que o terreo é público pero a lei permite que os anteriores usuarios pidan concesións por 30 anos desde o momento de aprobación do deslinde marítimo-terrestre, que nesa zona de Moaña foi en 2007
A xustiza vén de deixar impune a perda de 45 millóns de Caixanova no pelotazo que quería facer da antiga conserveira de Cangas unha urbanización de luxo e porto deportivo, paralizado por unha loita social que repasamos cun protagonista e cun cronista dela
A Fiscalía da Arxentina acúsao dun presunto delito de "trata de persoas con fins de explotación laboral", agravado "por aproveitarse da situación de vulnerabilidade das vítimas" e "consumar a explotación". A armadora do buque nega as acusacións da investigación, iniciada en 2017 tras o rescate "en estado de coma" dun dos mariñeiros, que relatou "traballos esgotadores de ata 22 horas ao día, os sete días da semana, en condicións insalubres"
A Fiscalía, que chegaba a xuízo pedindo penas de cadea para Julio Fernández Gayoso e outros directivos da caixa, pasou a considerar prescritos os delitos e a Audiencia Nacional emitiu unha sentenza absolutoria sen chegar a analizar o sucedido
Malia o sobrecusto de 470 millóns certificado polo Consello de Contas o presidente da Xunta dise "orgulloso" de formar parte do Goberno que decidiu construílo cunha concesión
A sociedade anónima deportiva controlada pola familia Mouriño di que "a paz social acada a plenitude" tras un acordo cos comuneiros opostos a un proxecto que aínda ten frontes abertas no ecoloxismo e na xestión da auga
"Reconstruír" o que non se fixo na última década no Sergas na área sanitaria máis poboada de Galicia "por decisión política" e reverter a concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro "para o público" son as principais demandas da plataforma SOS Sanidade en Vigo
A plataforma convoca unha manifestación este xoves co lema 'Reconstruír a área sanitaria de Vigo', que sairá ás 19h da Praza dos Cabalos ata o cruce de Urzaiz con Colón
O último home sitúanos na extinción da humanidade. O actor, poeta e dramaturgo Manuel Cortés volve á poesía e a leva a escena mesturada coa comedia, pois non podía ser doutra forma. Para esta nova aventura teatral conta con Borja Fernández na dirección, o espazo sonoro de Russ en directo, o espazo escénico de Carlos Alonso, o deseño de iluminación de Laura Iturralde, o vestiario de Elena Cortés e os audiovisuais de Samuel Cortés
A Xunta retoma dez anos despois o primeiro treito da vía Tui-A Guarda, prometida por Feijóo cando era conselleiro en 2003 no Plan Galicia, licitado por primeira vez polo bipartito e paralizado en 2015