O Tribunal Superior condena á Xunta por negar ao Parlamento papeis das súas decisións na fusión das caixas
O TSXG ve "claro" que, como argumentaba o deputado Antón Sánchez, a Xunta quebrantou o principio constitucional que avala o seu dereito a obter información no Parlamento e condénaa á entregar documentación como o informe da daquela conselleira de Facenda a prol da fusión de Caixanova con Caixa Galicia ou, no seu defecto, a dar razóns legais para mantelo oculto
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote de coronavirus no Barbanza atinxiu 91 persoas e 74 delas xa deron negativo
Todas as persoas rastrexadas por teren contacto coa persoa considerada inicio do foco en Ribeira deben gardar corentena; 9 deron positivo e outras 8 están á espera de resultados de proba PCR
Os colexios de enfermaría tamén rexeitan o "frívolo e partidista" cheque de Feijóo para gastaren na hostalería
"Rexeitamos esta iniciativa populista e electoralista", din os catro colexios de Enfermaría, que subliñan que a crise da covid-19 "fixo patentes" as "deficiencias" que as profesionais do Sergas viñan sinalando. Colectivos como a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública súmanse tamén ás críticas ao anuncio do candidato á reelección
- Datos Galegas 2020
- Política
A suba do orzamento da Xunta en sanidade e educación aínda non compensou 3.300 millóns de recorte acumulado
Os fondos do Goberno galego para sanidade están por riba das contas de 2009 dende 2018 e os de educación superáronos en 2020, pero ningunha das dúas partidas recuperou ata agora todo o perdido durante os anos de recortes. A principal partida orzamentaria para servizos sociais si recuperou xa o perdido, pero a que máis medrou foi a destinada a atender a débeda pública
- Datos Coronavirus
- Política
Tres novos diagnósticos de coronavirus en Galicia no período máis longo da pandemia sen mortes
O total de "positivos activos" baixa en dous casos, pero hai dous máis en Pontevedra, polo que cabe deducir que catro positivos deixaron de selo. A ausencia dunha serie pública do Sergas e a diferenza horaria dos partes da Xunta a respecto dos do Ministerio seguen atrancando a observación da evolución da pandemia en Galicia
A TVG propón un só debate electoral de líderes a sete bandas para o primeiro luns da campaña
A corporación pública tamén inclúe no plan de cobertura do 12X remitido á Xunta Electoral a proposta de catro debates provinciais a emitir ás 10 da mañá na TVG e outros catro do mesmo ámbito para a Radio Galega ás 9 da noite, todos eles pregravados
- Crónica Galegas 2020
- Política
Cando non rematou o mundo: 15 anos da fin do fraguismo
O 19 de xuño de 2005 as urnas deron a maioría de Goberno a PSdeG e BNG nunha noite electoral que non estivo exenta de fatalismo e que quedou pendente do voto exterior. "Era a derrota do gran Fraga nun momento no que Galicia e Fraga eran o mesmo, o país era Fraga, todo era Fraga"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dous novos diagnósticos de coronavirus en Galicia e outra semana sen mortes pola doenza
O número de "positivos activos" que indica a Xunta aumenta en dous casos pero a suma dos positivos comunicados polo Sergas dende o inicio incorpora cinco casos novos
O PP retoma os mitins cara ás eleccións galegas nun acto con Pablo Casado en Santiago
Tras anunciar o que definira como "renuncia á precampaña", o PP galego confirma o reinicio das súas actividades preelectorais nunha presentación de candidaturas con Feijóo e Casado
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Estado volve revisar a serie histórica do coronavirus e recoloca o primeiro caso galego en febreiro
Como xa advertira, o Ministerio de Sanidade segue a revisar a serie da covid-19, que para Galicia é a única pública porque o Sergas non divulga a súa. O primeiro caso galego ten agora data de inicio de síntomas no 2 de febreiro e sitúase na provincia de Ourense, pero o incremento exponencial segue comezando na segunda semana de marzo
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia do coronavirus, en niveis mínimos dende o inicio da pandemia en Galicia
Este 17 de xuño o Ministerio de Sanidade indica un diagnóstico novo en Galicia e o Sergas suma catro casos novos directamente como "curacións". O número de persoas falecidas segue sendo 619, segundo o Sergas, que non dá conta de novas mortes ligadas á pandemia dende o pasado día 11
Pontón promete a persoal que investiga a vacina do coronavirus que o BNG duplicará o orzamento de I+D se goberna
"Sen orzamentos, calquera louvanza da investigación é pura retórica", defende Pontón, quen asegura que o Bloque tamén poría en marcha un plan para "recuperar o talento emigrado por falta de oportunidades ou por condicións laborais pésimas". O cumprimento da promesa incluída no programa do Bloque implicaría que, no remate da vindeira lexislatura o orzamento de I+D da Xunta roldase o 330 millóns de euros fronte aos algo máis de 180 das contas de 2020