Os centros de día reiteran á Xunta que non poden seguir pechados polo "empeoramento das persoas usuarias"
A Plataforma de Centros de Día alerta nunha carta á conselleira de Política Social de que "o empeoramento físico e cognitivo xa é real, puidémolo constatar" e subliña que as medidas paliativas da Xunta non son dabondo. A Federación Galega de Dano Cerebral tamén advirte dunha "emerxencia terapéutica e social" por estender o peche dos centros de día e ocupacionais
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dous novos diagnósticos de coronavirus en Galicia mentres seguen os rastrexos do foco da Mariña
A área de Lugo, que inclúe á Mariña, rexistra cinco "positivos activos" máis que o día anterior, segundo o Sergas. Por décimo sétimo día consecutivo, Galicia non rexistra novos falecementos pola pandemia e o total continúa en 619
Dez anos da fin de Caixanova e Caixa Galicia que precipitou o seu rescate con 9.000 millóns públicos
O 28 de xuño de 2010, os consellos de Caixa Galicia e Caixanova aprobaron definitivamente o seu "plan de integración", impulsado pola Xunta como vía para garantir a "solvencia" e a "galeguidade" do que despois sería Novacaixagalicia. O Banco de España calculou a finais de 2019 que 9.000 millóns públicos destinados ao rescate da entidade fusionada nunca serán recuperados
Os focos de coronavirus da Mariña suman 22 positivos e obrigaron a facer máis de 200 probas
O Ministerio de Sanidade certifica cinco diagnósticos novos da covid-19 en Galicia nas últimas vinte e catro horas e o Sergas procesa máis de 2.000 probas PCR nun só día por primeira vez dende comezos de maio
Sánchez pide ao electorado galego que o apoiou en 2019 votar a Caballero para que a Xunta "non deixe ninguén atrás" na crise
"O que nos xogamos o 12 de xullo é que resposta imos dar á crise: ou sálvese quen poida ou non deixar a ninguén atrás, ou PP ou PSdeG", afirma o líder do PSOE e presidente do Goberno de España, e "para iso hai que votar a Gonzalo Caballero como presidente da Xunta". "Eu non me resigno ao relato da dereita; hai outra Galicia posible e unha maioría de progreso na que a referencia do cambio é o PSdeG", proclama o candidato
A Xunta Electoral ordena o PP retirar imaxes co emblema do Goberno galego da web da campaña de Feijóo
A autoridade electoral acepta a denuncia do PSdeG no relativo á inclusión de imaxes co logotipo da Xunta na web do PP e ordena a súa retirada sen impoñer sancións
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Ministerio de Sanidade certificou vinte diagnósticos de coronavirus en Galicia na primeira semana sen estado de alarma
Dende o comezo do desconfinamento, o Ministerio computou 139 casos novos da covid-19 en Galicia; a metade dos rexistrados dende a fin do estado de alarma sinálaos nun só día na provincia de Lugo, no que semella ser o inicio do brote da Mariña. Case 3 de cada 4 casos da covid-19 en Galicia confirmados dende o comezo da pandemia concéntranse nas provincias da Coruña e Pontevedra
- Chorente (Sarria) Galegas 2020
- Política
Pontón comeza a campaña na aldea onde se criou e a súa nai anima a "darlle unha oportunidade, non se van arrepentir"
A candidata do BNG citou á prensa en Chorente (Sarria) acompañada dos seus pais no inicio da carreira electoral cara ao 12X. Asegura ver "posibilidades reais de que se poida producir un cambio" de Goberno: "Nunca vivira o que agora estou sentindo na rúa"
- Crónica Galegas 2020
- Política
Galicia entra nunha carreira electoral en terreo descoñecido
Comeza unha carreira electoral que vai transcorrer por terreo descoñecido no formal e no político por mor da pandemia e cunha bolsa de electorado indeciso moito máis ampla do habitual. O PP chama os seus a non confiarse e a esquerda alenta o seu electorado advertindo de que desta volta si é posible un cambio de Goberno en Galicia
A Xunta di que enviará ao Parlamento dous documentos da fusión das caixas tras a condena xudicial por non facelo
Feijóo alega que a Xunta "pensa" que "esa documentación" está nas caixas de papeis remitidas en 2013 á comisión de investigación das caixas, paralizada hai tres anos e "no caso de que non estea, vamos a facilitala" a Antón Sánchez, que esixe que os papeis sexan públicos antes das eleccións
Pontón lanza a campaña do BNG convencida de que pode ser presidenta: "O PP vén dopado e aínda así pode ser derrotado"
Pontón coida que a campaña "se vai librar casa a casa, conversa a conversa" e que, cun PP á baixa, a "maioría de galegas e galegos que queren poñer en marcha un cambio" poden axudar o Bloque a "facer historia" o 12X
- Enquisa Galegas 2020
- Política
O CIS corrixe a suma de escanos estimados para o PP, que queda entre 1 e 4 por riba da absoluta
Os escanos que o CIS outorgaba ao PP (40-42) non se correspondían coa suma das estimacións provinciais; a versión corrixida (39-42) si o fai sen alterar a representación apuntada para outras forzas nin as porcentaxes de voto