- Datos Coronavirus
- Acontece
O Ministerio suma un diagnóstico máis de coronavirus en Galicia e os "activos" do Sergas inclúen tres novos
A Xunta suma dous novos positivos na área sanitaria de Vigo e un na da Coruña mentres o Goberno central indica que Galicia notificou un novo diagnóstico da covid-19 nas últimas vinte e catro horas. O número de falecementos segue en 619 tras outros cinco días seguidos sen novas mortes
Decaen en Galicia os procedementos sancionadores abertos polo estado de alarma
Durante o estado de alarma, as forzas de seguridade ditaron case 45.000 propostas de sanción en Galicia e practicaron 252 detencións. A lei que regula esta figura excepcional estipula que, ao seu remate, "decaen" as medidas adoptadas polas autoridades para garantir o cumprimento das restricións "agás as que consistisen en sancións firmes"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas non suma ningún caso novo de coronavirus nun día por primeira vez dende o inicio da pandemia
Por primeira vez o número de positivos activos descende o mesmo que aumenta o número de "curacións", en tres persoas, mentres o Ministerio de Sanidade indica que na última xornada Galicia rexistrou un novo diagnóstico da covid-19. O número de falecementos segue sendo 619, sen ningún novo na última xornada
Feijóo atribúe ao Estado "contabilidade creativa" na serie de datos do coronavirus, que a Xunta non contempla publicar
A Xunta non divulga unha serie completa e aberta dos datos do coronavirus nin fai públicas cifras que si reporta ao Estado, como os novos diagnósticos de cada día ou cantas persoas que indica como "curadas" non chegaron a ter síntomas. O actual presidente e candidato á reelección polo PP considera que o Goberno central "persiste e insiste nunha contabilidade creativa nas cifras de infectados e falecidos"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dúas mil persoas que figuran como "curadas" de coronavirus no Sergas nunca foron "positivos activos"
A razón pola que a cifra de "curacións" medra máis do que descende a de "positivos activos" é a suma de pacientes que deron positivo en test de anticorpos pero que non consta que tivesen síntomas da covid-19 no momento da proba, polo que son anotados directamente como infeccións "resoltas"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un cento de altas domiciliarias dispara as "curacións" do coronavirus en Galicia na fase final do desconfinamento
Galicia encara a fase final do desconfinamento con apenas 13 novos diagnósticos de coronavirus na última semana, segundo o Ministerio. Mentres, os "positivos activos" da Xunta baixan en 108 casos; 105 deles son altas domiciliarias sumadas dun golpe
Galicia finaliza a lexislatura con menos vivendas protexidas rematadas dende que hai datos
Os 24 pisos de promoción pública que a Xunta vén de anunciar en Santiago son o mesmo número de vivendas que todas as protexidas finalizadas en Galicia durante a lexislatura que remata
O PP asegura que Feijóo "renunciou á precampaña" e atribúe os seus múltiples actos á "loita contra a pandemia"
Os populares manteñen que o aspirante á reelección o 12X non convoca actos de partido porque está "centrado no realmente importante"; as forzas da actual oposición coidan que non o fai porque utiliza a Xunta en clave electoral
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
O Estado publica a serie histórica do coronavirus e sitúa o primeiro caso de Galicia en xaneiro
O novo protocolo recoloca cada positivo na data estimada de inicio de síntomas do paciente e non no día no que o caso foi notificado; o primeiro en Galicia sitúase agora no 15 de xaneiro, aínda que segue reflectindo que a pandemia non se disparou ata as primeiras semanas de marzo
Pontón asegura que "un Goberno presidido polo BNG" promoverá a "nacionalización" das plantas galegas da antiga Inespal
"O BNG propón unha intervención como a que está facendo a chanceler Merkel en Alemaña con Lufthansa para salvar a produción estratéxica de aluminio e o emprego", subliña a candidata do Bloque á Xunta na presentación da candidatura da formación pola Coruña
O comité sanitario do PSdeG recomenda a Caballero reforzar centros de saúde e servizo de ambulancias público se é presidente
O comité que redactou o informe, encabezado pola ex-conselleira María José Rubio, advirte o PSdeG de que un eventual novo Goberno galego debe "asumir a enorme probabilidade de confrontar con novos brotes da COVID-19" en cuxa contención sería "protagonista" a Atención Primaria
Cincuenta e seis candidaturas optan a ter representación no Parlamento galego que se elixe o 12X
As principais forzas políticas presentan listas practicamente idénticas ás rexistradas para as eleccións adiadas en abril; a principal novidade no mapa político é a coalición de EM con CxG e o PG