Pontón apela dende o emblema pontevedrés ao electorado que nunca votou ao BNG: "O cambio é máis posible ca nunca"
"O PP está nervioso porque a maioría social que hai apenas un mes quería cambio, pero era escéptica, agora está convencida de que ese cambio é posible", afirma a líder do BNG. O manifesto 'É agora', asinado por "persoas do galeguismo e do nacionalismo que non militan no BNG", pide o voto para Pontón
- Alén do 1 | Martiño Noriega Galegas 2020
- Política
"Mentres haxa cambio de goberno, ningún resultado de parte será malo"
O ex-alcalde de Santiago, número tres de Galicia en Común pola Coruña, coida que "o día 12 podemos atoparnos nunha situación que rache a demoscopia e permita o cambio político". Reincorporado ao seu traballo como médico, Noriega coida que por mor da crise do coronavirus "imos ter unha crise social peor que a de 2008 e aínda non somos capaces de percibir a súa magnitude"
O programa do PP volve prometer os mesmos traspasos de competencias tras non lograr ningún dende 2009
Galicia encadea por primeira vez tres lexislaturas sen sumar novas competencias, o período máis prolongado na historia da autonomía. Tras advertir de que non aceptarían traspasos que "poñan en risco a viabilidade de políticas estatais", o programa dos populares reitera as peticións de competencias que "foron avaladas polo Parlamento", en referencia aos traspasos pactados na Cámara na lexislatura do Goberno de PSdeG e BNG
Pedro Sánchez apela á "mobilización progresista" o 12X para "unha resposta social á crise" coa Xunta presidida por Caballero
Sánchez regresa á campaña galega por partida dobre e cunha mensaxe para "todos os galegos e galegas progresistas" que optaron polo PSOE hai un ano: "Se se mobilizan, Gonzalo Caballero será presidente". O candidato do PSdeG redobra a súa mensaxe en clave social con promesas como 5.000 prazas "estables" no Sergas ou un ordenador para cada estudante do ensino público o vindeiro curso
- En actualización Coronavirus
- Acontece Lugo
O brote de coronavirus na Mariña achégase ao medio cento de casos tras sumar outros 12 e salpica a Asturias
O brote da Mariña provocou que a área sanitaria lucense pasase en apenas unha semana de 17 a 64 "positivos activos" pola covid-19. Unhas 500 persoas que tiveron contacto con persoas afectadas polo brote están en corentena por se desenvolven síntomas
Pontón promete reclamar dende a Xunta a xestión de pisos das antigas caixas para convertelas en vivenda pública
A candidata do BNG proponse reverter "once anos nos que o PP deixou de lado a política pública de vivenda", con só catro novos pisos protexidos o pasado ano e unha vintena en toda a lexislatura. Anuncia en Ferrol "un imposto ás vivendas baleiras de fondos voitre e entidades bancarias que estean desocupadas durante máis de dous anos sen causa xustificada"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos no brote de coronavirus da Mariña xa son 35 tras máis de medio milleiro de probas
Este 1 de xullo, o Ministerio de Sanidade reflicte cinco casos novos diagnosticados en Galicia nas últimas vinte e catro horas. O global de "positivos activos" do que informa o Sergas pode resultar enganosa ante os brotes puntuais: o indicador baixa levemente no global de Galicia mentres segue subindo na área afectada, neste caso a de Lugo
A cúpula estatal do PP desembarca en Lugo para facer campaña por Feijóo
Na súa terceira intervención na carreira electoral galega, segunda en campaña, Casado botou man de metáforas taurinas para preguntarse "a que vén" Pedro Sánchez a Galicia. Tras a visita do líder popular, o seu número dous, García Egea, acudiu tamén á provincia lucense, onde atribuíu a Feijóo a salvación de "miles de vidas" pola realización de test rápidos do coronavirus
PSdeG, BNG e Galicia en Común ven máis próximo o cambio de Goberno tras o debate cun líder do PP "esgotado"
O socialista Gonzalo Caballero cre que, no debate da TVG, Feijóo "quedou sobrepasado pola realidade dun país que quere cambio" e Gómez-Reino, de GeC, coida que o encontro "evidenciou non só que hai partido, senón que se iniciou a remonta definitiva das forzas da esquerda". Ana Pontón, candidata do BNG, reclama ao aspirante á reelección que participe en máis debates: "Que non fuxa, sabemos que non lle gustan, pero é un dereito da cidadanía"
Feijóo pide seguir na Xunta esgrimindo riscos dun Goberno da esquerda, que se brinda ao pacto no debate electoral
A audiencia da Galega puido observar unha versión de Feijóo pouco vista nestas pantallas e mesmo, nalgún intre, puido velo fóra de xogo fronte a Caballero, Pontón e Gómez-Reino, que procuraron construír ante o electorado a imaxe dunha Xunta dirixida pola esquerda nun encontro constrinxido polo seu formato, con escasa marxe para o contraste de propostas
- Datos Galegas 2020
- Política
As solicitudes de 'voto emigrante' nas eleccións galegas caen un 40% e apuntan a unha influencia mínima no resultado
Apenas 12.500 persoas das case 500.000 inscritas no censo de residentes ausentes tramitaron a súa solicitude para votar nos comicios do 12X. A crise do coronavirus, que agora azouta especialmente o continente americano, presentouse como atranco para as solicitudes de voto das persoas inscritas no CERA
O debate de líderes, única oportunidade para impulsar a campaña en horario de máxima audiencia
As forzas da actual oposición avogaban por varios debates de líderes na CRTVG e ven neste unha oportunidade para dar pulo á campaña ante un público ao que, en boa medida, case nunca teñen oportunidade dirixirse con mínima amplitude