O consello da CRTVG achégase á fin do seu mandato e a mobilización de Defende a Galega persevera tras o 12X
A renovación do consello de administración da CRTVG, a piques de chegar aos seus 5 anos de mandato, requirirá necesariamente dos votos do PP e de, cando menos, dun dos dous grupos da nova oposición: BNG ou PSdeG. Se este órgano entra nun período de interinidade, este sumaríase á que atinxe á propia dirección xeral dende hai cinco anos
A Xunta liga a un erro nos datos das altas a publicación de menos positivos dos reais no brote da Mariña
Unha fonte oficial de Sanidade asegura a Praza.gal que a orixe na discordancia dos datos está en que o 10 de xullo as altas non eran 27, senón 36, e en que o cómputo total de persoas afectadas polo brote incluía 6 persoas máis das referidas nas notas públicas. Inicialmente, o Goberno galego atribuíra a disparidade a unha mala interpretación da súa información "real e transparente"
A Xunta comunicou ao xulgado 34 positivos máis dos que fixo públicos no brote de coronavirus da Mariña
O 9 de xullo, o Sergas indicou ao xulgado que A Mariña rexistrara 224 casos de coronavirus mentres informaba publicamente de 165 casos "activos" e 25 altas, o que deixaba o acumulado en 190, trinta e catro menos. este 16 de xullo Sanidade rexistra 28 novos casos en toda Galicia e informa de 9 nun brote en Betanzos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Trescentos positivos de coronavirus en Galicia dende a fin do estado de alarma, o 80% na provincia de Lugo
O Ministerio de Sanidade vén de actualizar a súa serie por inicio de síntomas do coronavirus, a única pública para Galicia, chegando ata o 12 de xullo . Dende o inicio do desconfinamento, segundo a nova serie, rexistráronse en Galicia algo máis de 400 positivos, máis da metade aparentemente ligados ao brote da Mariña
Sanidade mantén o peche de Burela polo brote de coronavirus e levántao no resto da Mariña
O Sergas indica que rexistrou un único caso novo ligado co brote nas últimas vinte e catro horas na Mariña, onde si se manteñen restricións como as relativas ao lecer nocturno ou ao límite das reunións de 10 persoas non convivintes. A Xunta abre a porta a que o peche de Burela se prolongue ata unha semana e admite que "existe o risco de que haxa un certo nivel de transmisión oculta" na zona porque "existen casos que non poden asociarse ao resto"
Unhas 4.000 persoas que pediron votar nas eleccións galegas dende o estranxeiro non recibiron as papeletas
O escaso voto emigrante determinará, así e todo, se o PSdeG conserva o escano de Pontevedra que lle gañou ao PP na noite electoral por 45 votos ou se, como todo parece indicar, pasa a ser o cuadraxésimo segundo asento dos populares no novo Parlamento
- Documento Coronavirus
- Acontece
A Xunta contempla máscara "en todo o horario lectivo" nas aulas sen espazo para manter un metro entre estudantes
O Goberno en funcións aborda a primeira versión do protocolo contra o coronavirus para o curso 2020-21. Non prevé a posibilidade de reducir a ratio de alumnado por aula para garantir a separación de seguridade que evite contaxios da covid-19 e abre a porta aos denominados "grupos estables" de ata 25 estudantes sen distancia nin máscara
O Sergas non rexistra casos novos no brote de coronavirus da Mariña nun día por primeira vez dende que comezou
O total acumulado de persoas afectadas polo brote continuaría sendo 218, con 55 de alta. Dos datos da Xunta cabe deducir que no resto da provincia de Lugo os "positivos activos" aumentan, con catro máis que o día previo, e que no conxunto de Galicia se rexistraron cinco positivos novos nas últimas vinte e catro horas
O PP mantería a absoluta en Galicia sen a 'lei Fraga' do 5%, pero con ata dous escanos menos
Se Galicia fose unha circunscrición única, os populares tamén manterían a absoluta o 12X, pero pola mínima cun limiar do 3% para obter representación. Co límite do 3% no canto do 5% vixente, os populares quedarían en 40 escanos e Galicia en Común entraría nun Parlamento no que o BNG seguiría liderando a oposición cos mesmos 19 escanos que obtivo
- Crónica Galegas 2020
- Política
Feijóo esgrime o seu referendo ante o Goberno central, Pontón olla cara a 2024
Cos ruxerruxes sobre unha eventual carreira madrileña rexurdindo por enésima vez, Feijóo asegura o que fará "o que estea na miña man" para "cumprir" ata "o final da lexislatura". A líder do BNG asegura que o 12X "non rematou nada", senón que "estamos máis cerca de que se produza o cambio" dentro de catro anos "cunha muller presidenta"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas sumou 12 novos casos de coronavirus, un deles na Mariña, durante a xornada electoral
No resto da provincia de Lugo a Consellería de Sanidade indica dous casos activos máis, o que non implica, necesariamente, que se trate de só dous casos novos
- Crónica Galegas 2020
- Política
Precisión absoluta fronte a unha nova recomposición da esquerda
Ao PP funcionoulle con precisión unha campaña sen grandes promesas na que a proposta era "Feijóo" e a pregunta ao electorado, se quería máis Feijóo. O BNG, que repetiu cabeza de cartel por primeira vez dende 2009, pasa do bordo do abismo á maior representación da súa historia nun Parlamento tripartito, ao xeito dos 90