O Fuenlabrada voou a Alvedro malia ao veto nos aeroportos a persoas en contacto con positivos por coronavirus
A Axencia Estatal de Seguridade Aérea establece que "non se debe acudir" a un aeroporto no caso de ter "contacto estreito" cunha "persoa diagnosticada de COVID-19" nos 14 días previos á viaxe. O club madrileño nega que o seu plantel estivese nese suposto. O Sergas afirma que a Liga lle comunicou os positivos do Fuenlabrada ás 20:17 do luns, menos de 45 minutos antes da hora fixada para o inicio do partido
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas rexistrou 10 casos novos de coronavirus antes do brote importado á Coruña
O número total de persoas afectadas polo brote da Mariña sería agora de 246, con 161 delas xa de alta
Histórico acordo na UE con 750.000 millóns para paliar a crise do coronavirus
Por primeira vez, a Comisión Europea vai emitir tal volume de débeda apoiada no Orzamento comunitario para transferir cartos aos Estados membros nun fondo que, no caso do Goberno español, ten condicións vinculadas á "transformación verde e dixital" ou a "preservar os postos de traballo". Pedro Sánchez ve un "fito histórico" o pacto logrado, no que non obstante os Estados máis remisos ao fondo logran recortes no Orzamento comunitario
O Fuenlabrada de fútbol trae consigo á Coruña un brote de coronavirus
O Fuenlabrada viaxou a Galicia tras deixar illado en Madrid un xogador cuxa proba da COVID-19 tivera resultados "alterados" e ficou confinado momentaneamente no hotel Finisterre da Coruña por orde do Sergas. O partido no que o Dépor ía xogar as súas opcións de permanencia na Segunda foi suspendido tras confirmarse a existencia de cando menos seis positivos no equipo madrileño
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia non identifica a persoa orixe do contaxio no 40% dos novos positivos por coronavirus
A porcentaxe galega de positivos na COVID-19 sen identificar a orixe do contaxio era a maior do Estado no informe do Instituto de Salud Carlos III para o pasado día 15, cun 80% que pasou a ser un 42% nos datos ata o día 17. A razón, segundo a Xunta, foi un "problema" na enquisa ás persoas que dan positivo, das que se rastrexa unha mediana de 4 contactos. Sanidade non aclara cantas persoas ten dedicadas a este labor
O voto exterior dá o escano 42 ao PP e deixa o PSdeG con 14
O reconto do voto CERA permite ao PP manter 11 escanos por Pontevedra e ter a maioría absoluta máis ampla dende a de Fraga en 1997
Algo máis dun cento de hectáreas ardidas nos montes entre as restricións informativas habituais
O incendio de Canibelos (Ourense) xa afectou a unhas 60 hectáreas, segundo Medio Rural. O de Rubiá afectou ao parque natural da Serra da Enciña da Lastra e nel arderon unhas 40 hectáreas
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas notifica cinco novos casos de coronavirus do último día sen máscara obrigatoria tamén ao aire libre
Cun ritmo de probas PCR diarias semellante ao das semanas do pico da pandemia e malia aos brotes da Mariña, Betanzos ou Vilalba, o número de casos novos diarios notificados volve descender a niveis de principios de xuño. Cabe deducir que dous dos cinco casos novos están no brote de Vilalba e outros tres no resto de Galicia mentres a área de Ferrol rexistra cero "positivos activos" por primeira vez dende marzo
- Análise Galegas 2020
- Política
O BNG de Pontón será o grupo da esquerda parlamentaria galega máis numeroso dende o PSdeG de Touriño
Dende que PSdeG e BNG perderon o Goberno, as filas da esquerda estiveron marcadas pola interinidade, con ata unha vintena de liderados, e pola perda de forza parlamentaria. Pontón, que tamén é a primeira líder tras o ex-presidente socialista en disputar a Xunta ao PP dúas veces seguidas, celebra o "histórico" resultado ante o Consello Nacional do Bloque e subliña que "o 'sorpasso' que importa é o que permita un cambio galego en 2024"
O Sergas suma 14 novos casos de coronavirus en Galicia, un deles no brote da Mariña
Nos concellos da provincia de Lugo alén da Mariña aumentan os "positivos activos" de 22 a 29 e na área da Coruña soben de 27 a 31, cadrando cos brotes de Vilalba e Betanzos
A obriga de uso da máscara en Galicia polo coronavirus establece só nove excepcións
O uso da máscara vira en "obriga xeral" dende este 19 de xullo en Galicia aínda que "se manteña a distancia de seguridade interpersoal". A resolución da Xunta explicita que o veto ao consumo de bebidas alcohólicas en 'botellóns' non o aplica ás terrazas nin ás "festas e verbenas populares"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Trece novos casos de coronavirus en Galicia coa ollada posta nos brotes
Tras as aclaracións sobre as discordancias dos datos e a actualización deste venres, o total acumulado de persoas afectadas polo brote da Mariña chegaría a 239, con 95 persoas xa de alta, mentres seguen tamén as probas nos brotes de localidades como Betanzos ou Vilalba. Mentres, o Ministerio de Sanidade notifica 10 novos diagnósticos en Galicia.