Da 'lei Montoro' ao 'plan Montero': un "préstamo" dos concellos ao Estado para poderen gastar os aforros
Os concellos poderán gastar parte dos seus aforros bloqueados pola 'lei Montoro', pero con condicións e previa transferencia dos cartos ao Estado coa forma de "préstamo". Abel Caballero, cuxo voto foi decisivo na FEMP para que o acordo saíse adiante, ve o pacto "moi positivo para as entidades locais" e o PP acúsao de avalar unha "confiscación" dos aforros municipais
- Documento
- Política
Juan Carlos de Borbón deixa España en pleno aluvión de escándalos financeiros "para facilitar" o reinado do seu fillo
O rei emérito atribúe a decisión á "repercusión pública que están xerando certos acontecementos pasados da miña vida privada", que non aclara nin nega. O anuncio chega mentres a Fiscalía do Supremo indaga nas comisións presuntamente cobradas polo anterior xefe do Estado polos encargos de obras ferroviarias a empresas españolas en Arabia Saudita
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma máis dun cento de novos positivos da COVID-19 en tres días co brote da Coruña como principal foco
Agosto comeza con 43 novos positivos (datos do domingo), cando menos 25 deles da área da Coruña, na que seguen os rastrexos polo brote detectado en torno a un ximnasio. Tras once días consecutivos de incremento de "positivos activos", as persoas hospitalizadas con test positivo son 16. As cifras seguen sendo, así e todo, moi inferiores ás dos pasados meses de marzo e abril
- Crónica Galegas 2020
- Política
O undécimo Parlamento galego bota a andar fronte ao coronavirus e á inercia
Unha semana antes da constitución do Parlamento saído das urnas do 12X, a Cámara galega celebrou a súa derradeira xuntanza coa composición dos últimos catro anos, na que o PP despachou cun "non" dúas peticións de comparecencia formuladas pola esquerda. A loita contra a pandemia será o gran tema da lexislatura. Rachar a inercia, o gran reto da oposición que agora encabeza do Bloque
O xuíz de Angrois encomenda a un perito imposto pola Xunta aclarar a denuncia de borrado de datos no tren
Tras tomar declaración ao ex-mecánico que denuncia o borrado de datos e aos técnicos aos que sinala, o xuíz manda dilucidar se, no caso de que "existisen" eses posibles defectos no tren, tiveron ou non influencia no accidente no que faleceron 80 persoas
A multinacional estadounidense que mercou o hospital Povisa queda tamén co lucense Polusa
Como co centro vigués, a operación chega a través da filial española de Centene Corporation, o grupo Ribera Salud, noutrora propiedade da desaparecida Caja de Ahorros del Mediterráneo. No último ano con datos dispoñibles, 2017, o Sergas recoñecía unha facturación de 3,46 millóns de euros con Polusa en concepto de actividade sanitaria concertada
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rolda a vintena de positivos diarios da COVID-19 e suma 600 casos en xullo fronte aos 250 de xuño
O número de novos casos do coronavirus en xullo duplica amplamente o de xuño pero non chega, nin de lonxe, ás cifras do que ata agora foi o pico da pandemia en Galicia. Os "positivos activos" da Xunta acumulan unha semana de subas por mor dos brotes e porque este indicador depende tamén do número de altas
O malestar en Portugal co rexistro de viaxeiros pola COVID-19 empurra a Xunta a rectificar no primeiro día da medida
Os concellos da beira portuguesa da raia reaccionaron con estupor ante a medida da Xunta por considerárenos territorio de alta incidencia da COVID-19 malia teren unha situación epidemiolóxica moi semellante á galega. Tras un encontro do embaixador portugués con Feijóo, a Xunta dixo estar disposta a "avaliar a posibilidade" de incluír na obriga de rexistro "só as zonas de alta incidencia epidemiolóxica" de Portugal
- Datos Coronavirus
- Acontece Lugo
O Sergas mantén pechados pubs e discotecas na Mariña e suma 22 novos positivos da COVID-19 no resto de Galicia
Comercio e hostalería recuperan o seu horario habitual na Mariña, pero a Xunta mantén o peche do lecer nocturno e as restricións das agrupacións de persoas ata un máximo de 10. As áreas sanitarias admiten a existencia doutros brotes de menor dimensión, como os de Vigo ou Arzúa, mentres a media de casos diarios nos últimos sete días segue a aumentar (agora chega a 30) e a dos últimos tres días xa baixa (agora está en 21)
- Datos Galegas 2020
- Política
A participación nas eleccións galegas cae por baixo do 50% tras o reconto definitivo
O escrutinio definitivo do 12X, incluíndo o voto exterior, eleva a abstención ao 51%. A participación do CERA, especialmente baixa dende a implantación do voto rogado, caeu aínda máis neste 2020 por mor dos atrancos derivados da pandemia e 4.000 persoas que o pediran non chegaron a recibir as papeletas
O PP disponse a desaloxar o BNG da alcaldía de Castrelo de Miño apoiándose en dous tránsfugas
O PP apela á "normalidade democrática" para desaloxar da alcaldía o Bloque, primeira forza nas eleccións municipais na vila dende 2011. A dirección do BNG ve de "enorme gravidade" a operación e pide a intervención das direccións do PP e do PSdeG, cuxa Executiva provincial afirma que non pode "facer outra cousa que expulsar" os tránsfugas "por traizón e deslealdade" ao participar nunha "compra de vontades" que atribúen a Baltar
Lixeiro descenso de novos casos de coronavirus en Galicia tras o segundo pico dende a fin do estado de alarma
Os "positivos activos", valor de referencia para a Xunta, levan subindo cinco días. Mentres, o número de novos casos da COVID-19 detectados baixa por terceiro día consecutivo e queda en 18 neste 28 de xullo. O brote da Mariña volve dar sinais de remisión e contribúe a que volvan descender os "activos" na área de Lugo mentres aumentan nas da Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra