A morte do piloto dun hidroavión lembra que Ourense segue a arder
Os incendios dos que informou a Xunta dende o comezo do período de alto risco suman unhas 4.200 hectáreas ardidas, máis de 3.800 en concellos da provincia de Ourense
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rolda o cento de positivos diarios de coronavirus tras dispararse os novos casos na contorna da Coruña
Ata 73 dos 97 positivos novos das últimas vinte e catro horas en Galicia son da área sanitaria coruñesa, que aglutina máis da metade dos 671 casos "activos" que computa o Sergas este 10 de agosto. Galicia non superaba os 600 casos "activos" dende o pasado 3 de xuño, cando o número de persoas hospitalizadas era semellante ás 27 que se rexistran agora
Persoal do Fuenlabrada volve á Coruña a escasas horas das restricións polos brotes da COVID-19 na comarca
O encontro suspendido polo brote da COVID-19 importado pola expedición do Fuenlabrada á Coruña foi reprogramado mentres segue aberto o proceso xudicial polos incumprimentos dos protocolos sanitarios
- Crónica Coronavirus Galegas 2020
- Política
O Parlamento constitúese constrinxido polo coronavirus entre os primeiros sinais políticos da lexislatura
O popular Miguel Santalices recunca na Presidencia da Cámara nunha Mesa na que tamén repite Diego Calvo e na que Feijóo incorpora a Corina Porro, que como a lucense Elena Candia fican fóra do reparto de postos na Xunta. O BNG comeza a exercer como primeira forza da oposición, cun posto no órgano reitor do Parlamento e situándose nos escanos que nas últimas lexislaturas ocupara o PSdeG
O BNG pide na Fiscalía investigar se o PP "comprou" os tránsfugas da moción de censura en Castrelo de Miño
O Bloque entrega á Fiscalía ourensá a transcrición dunha intervención plenaria na que a voceira do PSdeG en Castrelo asegura que lle "ofreceron 42.000 euros" e lle falaron "dun posto na Deputación" de Ourense a cambio de desbancar o BNG do goberno municipal
Corenta e catro novos casos da COVID-19 en Galicia e 27 profesionais do hospital de Vigo illados por contacto cun positivo
O incremento de "positivos activos" reláxase pola importante suma de altas, pero o número de novos casos supera os 40 por segundo día consecutivo e a media semanal de novos positivos diarios tamén se achega á corentena
Adif disponse a retirar os vagóns guindados ao Sil, Transición Ecolóxica ultima unha multa e di que a Xunta o sabía
A Confederación Hidrográfica afirma que as súas primeiras pescudas ven claro que os vagóns non caeron, senón que "foron empurrados de forma intencionada" ao leito do río Sil e mantén que a Axencia Galega de Emerxencias pediu "autorización para tal manobra". Vicepresidencia do Goberno galego nega que o fixese e asegura que se "limitou a poñer en contacto" á Renfe co departamento estatal responsable do río
Sanidade inclúe agora a Madrid na lista de control de viaxeiros e permite reabrir pubs e discotecas na Mariña
A nova resolución considera territorio de alta incidencia calquera cunha incidencia do virus catro veces superior á de Galicia -non 3,5 como na anterior- e toma como referencia os datos do día previo, no canto de fixarse nos de catro días atrás
- Datos Coronavirus
- Acontece
O ritmo de novos positivos da COVID-19 en Galicia é o maior dende o estado de alarma polos últimos brotes
A media semanal de novos casos diarios da COVID-19 en Galicia rolda a trintena, un claro empeoramento que, non obstante, está aínda lonxe dos datos do que ata agora foi o pico da pandemia. O principal brote segue sendo o detectado en torno a un ximnasio de Arteixo, que xa chega aos 55 positivos e a área da Coruña acumula a metade das vinte persoas ingresadas nos hospitais galegos con test positivo
Sindicatos agrarios ven irregular a baixada "unilateral" de prezos do leite que Inleit xustifica coa pandemia
A Xunta promocionou abertamente a implantación da compañía instalada no polígono de Curtis, que agora di verse "abocada" á rebaixa de prezos aos gandeiros por mor da pandemia e pide "marxe de tempo" para poder "encarar o máis que próspero futuro" que augura para o proxecto empresarial. "Esta práctica é a todas luces contraria á normativa vixente que se recolle na lei da cadea alimentaria", di Unións Agrarias, que xa a denunciou formalmente
Adif "investiga" o caso dos vagóns de tren guindados ao río Sil e asegura que os retirará
Gravacións dos traballos de retirada do convoi de mercadorías que descarrilou en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) amosan como dous dos vagóns son guindados ao río. A empresa pública asegura estar a investigar "os detalles deste suceso" e que "se depurarán, no seu caso, responsabilidades" mentres se multiplican as peticións de explicacións de partidos políticos e colectivos ecoloxistas
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas suma 27 novos positivos por coronavirus, coa peor evolución na área da Coruña
A evolución dos "positivos activos", que aumentan por duodécimo día consecutivo en Galicia, pode ser enganosa se non se observa xunto ás cifras de novos casos, que agora roldan a trintena en cada xornada, lonxe dos rexistros do pico da pandemia. O número de persoas hospitalizadas coa COVID-19 son agora 17 mentres a área sanitaria da Coruña suma máis dun cento de "positivos activos" en apenas dúas semanas