Galicia é unha das catro autonomías sen a app Radar COVID e a Xunta "traballa" para tela activa este mes
Sanidade asegura que "está traballando conxuntamente" co Goberno de España para "poñer en marcha a aplicación" e di pretender que "isto sexa posible" arredor do 15 de setembro. O dato galego de contactos identificados por cada positivo é mellor que a media estatal, pero a porcentaxe de novos casos con orixe descoñecida do contaxio é a peor do Estado
- Datos Coronavirus
- Acontece
As altas de contaxiados en agosto amortecen as cifras da COVID-19 do Sergas, cuns 240 casos novos diarios
Os novos casos son 236, pero as ata 289 altas sumadas provocan o terceiro descenso da semana no número de "positivos activos", cifra de referencia para a Xunta. A morte de dous pacientes ingresados no hospital de Verín eleva a estatística oficial de falecementos ligados á pandemia neste domingo a 681, aínda que Sanidade xa computa outros catro máis. As 247 persoas ingresadas supoñen un novo máximo na hospitalización nesta segunda vaga da pandemia en Galicia
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
Seis meses de pandemia do coronavirus en Galicia, en seis gráficos
O 13 de marzo, o Goberno de España anunciou o estado de alarma por mor da pandemia da COVID-19 e a Xunta declarou a emerxencia sanitaria. Repasamos o impacto do virus no país neste medio ano en seis gráficos con cadansúas ligazóns para, se o precisas, descargares os datos e reutilizalos
- Datos Coronavirus
- Acontece
A cifra de hospitalizacións con COVID-19 é a maior da segunda vaga da pandemia en Galicia e os novos casos estabilízanse
O Sergas suma tres novos falecementos de persoas co coronavirus, dúas delas residentes no centro de maiores da Fundación San Rosendo no Incio. O número de casos novos diarios segue na contorna dos 250, semellante ao dos primeiros días de abril, pero a cifra de hospitalizacións é moito menor que daquela
Autos xudiciais revelan datos do coronavirus por concellos que a Xunta se nega a publicar
A obriga de que as medidas restritivas sexan ratificadas pola Xustiza dá lugar a autos que, habitualmente, citan datos dos informes epidemiolóxicos de Sanidade por concellos ou comarcas que a propia Xunta evita publicar . Conteñen multitude de datos que o Goberno galego non fai públicos, como a incidencia da pandemia por municipios ou barrios e as datas nas que se disparan ou controlan os brotes
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos diarios da COVID-19 en Galicia estabilízanse na contorna dos 250 mentres aumenta a hospitalización
O Sergas suma catro novos falecementos ligados á pandemia que elevan o total a 676. A Xunta aplica restricións para frear os contaxios en Laxe, Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilaboa e Poio, o que eleva a catorce os municipios con medidas adicionais fronte á pandemia
A Xunta permite a pubs e discotecas atender en terrazas tras o peche dos locais polo coronavirus
As terrazas dos locais de 'lecer nocturno' pasan a ter a mesma consideracións que as do resto da hostalaría dende este 11 de setembro en toda Galicia, con capacidade do 75% e peche a media noite. As salas de concertos reiteran a petición de non seren equiparadas a estoutros locais: "Ou atopamos unha solución que permita a actividade nas salas de concertos como noutros recintos culturais, ou Galicia queda sen salas de concertos en menos de seis meses"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia volve sumar máis de 200 casos de coronavirus nun día e outras catro mortes
A cifra de "positivos activos", referencia para a Xunta, baixa por mor da suma de ata 276 altas, na xornada con máis probas PCR en Galicia dende o inicio da pandemia. Un dos catro novos falecementos é o dun home que vivía na residencia de maiores do Incio
Oito institutos de Santiago adían o inicio do curso pola falta de respostas da Xunta sobre docentes, horarios e espazos
"Non temos coñecemento do cupo de profesorado nin da aceptación da modificación de horarios, é imposible organizar os horarios e asignar os espazos", advirten as direccións destes oito centros, que lamentan que "todo son incertezas" a unha semana do comezo do curso en Secundaria
A xuíza do caso Meirás desbota explicar aos Franco por que non deben ser indemnizados polo "mantemento" do pazo
A xuíza non cre preciso aclarar o sinalado na sentenza, na que conclúe que o Pazo de Meirás foi incorporado "de mala fe" ao patrimonio da familia Franco cunha compravenda "simulada" para poñer o recinto ao nome do xeneral golpista
Jácome opta por resistir na alcaldía de Ourense fronte ao "golpe de Estado" do PP e dos "traidores" de DO
Jácome di ser vítima dunha "trama" para forzalo a dimitir que comezou procurando meterlle "medo" cunha inminente detención "por corrupción" e asegura estar disposto a seguir adiante cun só concelleiro afín. "Estiveron comprando alcaldías e fixeron o mesmo cazando unha persoa de Democracia Ourensana da miña máxima confianza", acusa
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote na residencia de Outeiro de Rei dispara os novos casos da COVID-19 por riba dos 300 e o Sergas suma 5 mortes
A tendencia á desaceleración da pandemia en Galicia frea tras rexistrarse 332 novos casos nunha día con cinco falecementos máis, tres deles de persoas que vivían en residencias de maiores. A área sanitaria de Lugo pasa a ser a que rexistra un maior número de "positivos activos" por cada 100.000 habitantes, por riba da Coruña