- Datos
- Acontece
A porcentaxe galega de nacementos con nais maiores de 40 anos é a maior da UE
A oficina estatística da Comisión Europea sinala Galicia por ter a "maior proporción de nacementos de nais de 40 anos ou máis", o que supón multiplicar por 2,5 a media da Unión Europea e destácaa como un dos territorios con menor natalidade
Persoal da CRTVG pide ao Parlamento substituír xa o director dos medios públicos, no posto por tempo indefinido
Sánchez Izquierdo, actual máximo responsable da CRTVG foi nomeado en 2009 polo Goberno do PP, que mediante unha reforma legal o mantén no posto por sen límite temporal dende 2015. O consello de administración da CRTVG está na recta final do seu mandato e, coa vixente lei, a súa renovación tamén esixe unha maioría reforzada para a que non abondan os votos dos populares
As normas antitransfuguismo impiden ao PP mudar a alcaldía de Ourense sen pactar coa esquerda
A lei eleva o limiar da maioría absoluta no caso de que edís do grupo do alcalde asinen unha moción de censura para desbancalo, polo que o PP e os díscolos de DO non terían votos dabondo para destituír a Jácome nin aínda que Ciudadanos se sumase á alianza. PSdeG e BNG lamentan que o PP se "desentenda" da situación "insostible" propiciada tras a ruptura do seu bipartito con DO: "Déronlle a alcaldía a quen cualificaban de letal e agora abandonan o barco en plena tempestade"
A eurorrexión aposta por impulsar á reindustrialización e a innovación 'verde' nos concellos post-COVID
Os concellos do Eixo Atlántico reivindican ser "protagonistas", tamén na xestión dos fondos europeos de reconstrución, no encontro celebrado en Pontevedra para fixar as prioridades para afrontar as consecuencias socioeconómicas da pandemia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue na contorna dos 200 positivos diarios da COVID-19 malia ao empeoramento na área de Pontevedra
As mortes ligadas á pandemia chegan ás 696 tras o falecemento dun home en Lugo procedente do centro DomusVi de Outeiro e dunha muller no hospital de Cee e Galicia rexistra a primeira diminución nunha semana de persoas hospitalizadas con test positivo da COVID-19
Unanimidade no Parlamento para crear a comisión sobre o plan de reconstrución socioeconómica fronte á COVID-19
Terá sete membros do PP, 3 do BNG e 2 do PSdeG. Tras o acordo para creala, precedido dalgúns tirapuxas entre partidos, os grupos proporán comparecentes, calendario e asuntos a tratar. O Bloque resalta que a súa intención foi "axilizar" a creación dunha comisión que os populares chaman a "encher de contido" e que o Grupo Socialista saúda por non ser "monopolio de ningún grupo"
A vaga de incendios que azouta Ourense achégase ás 10.000 hectáreas tras outra noite con aldeas en risco
En varios dos incendios foi preciso activar a Situación 2, nivel de alerta empregado cando están en risco zonas habitadas por mor da proximidade do lume. Cando menos cinco dos incendios desta vaga teñen xa a consideración de grandes incendios forestais por superaren as 500 hectáreas ardidas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Frea a tendencia á baixa de novos casos diarios da COVID-19 en Galicia e o Sergas suma outras cinco mortes
Tres das cinco persoas falecidas vivían na residencia DomusVi de Outeiro de Rei. 229 residentes en centros de maiores e 26 persoas usuarias de centros de discapacidade están actualmente infectadas pola COVID-19. Por áreas sanitarias, a peor evolución dos últimos días rexístrase na de Pontevedra.
A vaga de incendios arrasa en tres días máis do ardido en Galicia durante todo 2019
Unhas 7.500 das máis de 7.600 hectáreas ardidas en apenas tres días localízanse en concellos da provincia de Ourense. Un destes incendios arrasou xa máis de 2.000 hectáreas do parque do Xurés e outros dous obrigaron a declarar a situación 2 durante a noite do domingo ao luns por poñeren en risco zonas habitadas e instalacións agrogandeiras
- Datos Coronavirus
- Acontece
Oito mortes e hospitalización á alza pola COVID-19 en Galicia mentres descenden os novos positivos
Os novos positivos acumulan cinco días en descenso, con 209 no último día, pero a peor evolución das semanas anteriores vese agora reflectida no incremento da hospitalización e en máis falecementos. As 249 persoas ingresadas con test positivo marcan outro máximo na segunda vaga, pero seguen por baixo da primeira. Por áreas sanitarias, a peor evolución volve ser a de Pontevedra-O Salnés
Os incendios golpean outra volta a Ourense con máis de 6.000 hectáreas arrasadas en apenas dous días
En Cualedro e Rairiz de Veiga foi preciso activar a Situación 2 pola proximidade das lapas a áreas habitadas e instalacións agrogandeiras e varios focos acadaron a consideración de gran incendio forestal por superaren as 500 hectáreas ardidas
Jácome volve ser "letal"
Feijóo evidencia a súa vontade de empurrar a Jácome cara á dimisión dende a Xunta excluíndo o Concello de Ourense da súa oferta de "colaboración" fronte á pandemia; quen fora socio do bipartito co PP ata hai escasos días proponse resistir fronte a esta "discriminación nunca vista", que considera "de extrema gravidade"