O PP fai estourar o seu bipartito en Ourense para redobrar a presión a Jácome, que fica cun edil
Tras a denuncia ante a Fiscalía dos cinco edís que acusan a Jácome de xestión irregular dos fondos públicos e doazóns que recibe Democracia Ourensana, e a renuncia en bloque de todos os membros do PP, o goberno local de Ourense queda conformado só polo alcalde e outro concelleiro de DO. Ana Pontón (BNG) e Gonzalo Caballero (PSdeG) fan responsable a Feijóo dos feitos de Ourense e instan a PP e DO a deixaren paso a un goberno alternativo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra menos de 200 novos casos da COVID-19 nun día por primeira vez en dúas semanas
O gran número de altas computadas no último día, 173, provoca que a cifra de "positivos activos" ofrecida polo Sergas baixe por primeira vez dende finais de xullo malia detectárense 161 novos casos da COVID-19. A residencia DomusVi de Outeiro de Rei pasa a ser a que máis positivos rexistra entre as persoas usuarias, con 139, tras sumar 94 nun día
O Sergas non ten identificada a orixe do contaxio en oito de cada dez novos diagnósticos de coronavirus
Segundo os informes do Instituto Carlos III, a porcentaxe galega de novos contaxios da COVID-19 sen contacto coñecido, de case o 80%, é a maior do Estado. O pasado xullo, a Xunta sinalou que se dispuña a corrixir un "problema" na enquisa a pacientes que provocaba esta alta porcentaxe de contactos non identificados porque en realidade, mantiñan, era inferior
- Crónica Galegas 2020
- Política
Primeira vicepresidencia dupla na Xunta dende que Feijóo foi inserido no derradeiro Goberno de Fraga
Na Xunta non eran nomeados dous vicepresidentes dende 2004, cando Fraga situou nestes postos ao actual presdiente e mais a José Manuel Barreiro nunha operación con clave sucesoria. Feijóo atribúe a creación da segunda vicepresidencia á vontade de "reforzar a área económica" a través do conselleiro Conde, membro do seu círculo de confianza máis próximo
- Datos Coronavirus
- Acontece
O ritmo de positivos da COVID-19 frea malia seguir por riba dos 200 diarios e o Sergas suma outras tres mortes
Dúas das tres persoas falecidas nas últimas horas vivían en residencias de maiores da provincia de Lugo. As persoas ingresadas volven ser máis de duascentas e 21 delas están na UCI, catro máis que un día antes
- Datos Coronavirus
- Acontece
Terceiro día consecutivo con máis de cen casos de coronavirus, o 60% na Coruña, e máis de 2.000 PCR
Os novos casos na área da Coruña equivalen ao 11% das PCR realizadas na xornada, mentres que no conxunto de Galicia os positivos supoñen o 5% dos test. 32 das 42 persoas hospitalizadas con test positivo, ningunha na UCI, son son tamén da área coruñesa. O Sergas realiza probas a persoas ligadas a novos brotes en Lugo e Ourense
Oposición e persoal sanitario instan a Xunta a aclarar cantos rastrexadores da COVID-19 ten: "6.000 non son"
Tras informar en maio de que contaba "cun equipo de 20 operadores" que superaría "os 50 profesionais" en breve, Feijóo indicou que "máis de 6.000 persoas" estaban dedicadas á "detección e seguimento" de casos, contando entre outros a todo o persoal de Atención Primaria
A Xunta admite "transmisión comunitaria de intensidade descoñecida" do coronavirus na comarca da Coruña
O informe do Sergas no que se basea a ampliación das restricións na área coruñesa, que polo momento non atinxen á mobilidade, sinala un "aumento de cadeas de transmisión independentes", cunha "porcentaxe de casos orfos" da COVID-19, sen orixe identificada
A Xunta prolonga as restricións na Coruña pola COVID-19 e restrinxe visitas a hospitais, pero mantén a mobilidade
Unha edición extraordinaria do DOG especificará este mércores a posible extensión do peche de pubs e discotecas a outros concellos da contorna da Coruña, onde as restricións non implicaron un descenso dos contaxios tras cinco días en vigor. Concretará tamén a prohibición de fumar se non é posible manter a distancia de seguridade, avanza Feijóo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia volve superar os cen casos novos de coronavirus nun día, máis da metade na área da Coruña
O Sergas computa o falecemento en días pasados dunha paciente ingresada na Coruña, o que eleva o total de mortes ligadas á pandemia en Galicia a 622. Un total de 28 das 38 persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 corresponden tamén á área sanitaria coruñesa
A Xunta ratifica o peche de dúas escolas unitarias e autoriza máis clases das que suprime para o vindeiro curso
O criterio de peche de escolas segue a ser non contaren cun mínimo de media ducia de matrículas, tamén ás portas do primeiro curso marcado dende o inicio polo coronavirus, o que implica a supresión dunha en Brión e doutra, na Laracha. O saldo tras as creacións e habilitacións de unidades escolares é de +158, despois do -42 do curso pasado
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma 78 positivos da COVID-19, co principal foco na Coruña e novos brotes nas áreas de Vigo e Lugo
Os 78 positivos notificados este 11 de agosto supoñen a menor cifra en catro días, pero o ritmo de novos casos diarios duplica e mesmo triplica o das semanas previas. As persoas hospitalizadas con test positivo son agora 33, vinte delas na área sanitaria coruñesa.