Baltar ascende o líder dos 'rebeldes' de Democracia Ourensana a vicepresidente da Deputación
Baltar nomea como vicepresidente con dedicación exclusiva a quen tamén foi avogado de Jácome mentres o PP accede por primeira vez a negociar unha posible moción de censura para desbancar da alcaldía ao líder de DO
- Datos abertos Escola pública
- Acontece
Medio cento de centros de ensino en Galicia teñen algunha aula pechada por casos de coronavirus
Os positivos ligados a centros de ensino son 219, vinte máis que un día antes, segundo os datos difundidos este venres pola Xunta, correspondentes ao xoves
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos da COVID-19 volven asentarse na contorna dos 240 no día con máis PCR dende o inicio da pandemia
A media semanal de casos diarios descende ata os 237 no segundo día da semana sen novos falecementos ligados ao coronavirus, pero increméntase a hospitalización. A tendencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés segue a empeorar e o Sergas incorpora a Vilanova de Arousa aos concellos con restricións para tentar frear os contaxios
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos positivos do coronavirus en Galicia volven superar os 250 e o Sergas suma cinco mortes
O efecto do gran número de altas provoca que os "positivos activos", indicador de referencia para a Xunta, sexan só un máis e queden en 4.461. Na última semana ingresaron case 170 persoas en Galicia con test positivo da COVID-19, segundo o Ministerio de Sanidade. A área sanitaria con maior incidencia de casos "activos" é a de Pontevedra-O Salnés, pero a peor evolución rexístrase na de Ourense
O Concello de Lugo confronta a "alarma social" por ocupación de casas axitada pola Xunta cos únicos seis casos existentes
Tres días despois de que o Tribunal Superior considerase que a "alarma" por ocupacións semella "non estar avalada polas cifras" porque as demandas xudiciais ao respecto descenden, a conselleira de Vivenda defendeu que experimentan "un incremento" e laiouse de que estas accións "non sexan delito", aínda que en realidade si están recollidas no Código Penal
- Vídeo Coronavirus
- Política
A Xunta di non ter clara a "definición" de rastrexador da COVID-19 nin cantos son tras dicir Feijóo que hai 6.000
O conselleiro de Sanidade limítase, en resposta ao PSdeG no Parlamento, a afirmar que na central de seguimentos de contactos traballa un "número axeitado" de persoas que "se adapta ás necesidades que se producen en cada área" e insta a ter en conta que o rastrexo é un "proceso" complexo e non un "oficio" concreto
Xacobeo vs. Ano Santo: Feijóo quere estender a 2022 o evento turístico e a Igrexa garda silencio no relixioso
O presidente bota sobre as autoridades relixiosas a responsabilidade dun evento que ao seu ver vai "máis alá dunha celebración, debe ser unha ferramenta económica na que debemos tentar apoiarnos". O arcebispado compostelán limítase a evidenciar que a celebración relixiosa comezará cando estaba previsto mentres o número de peregrinos experimenta unha histórica caída
- Mapas Coronavirus
- Acontece
A Xunta estende as restricións pola COVID-19 a Vilagarcía e ao Milladoiro e enduréceas no barrio ourensán do Couto
As restricións seguen "sen cambios" en Santiago, Silleda, Lalín, Lugo, Poio, Pontevedra, Vilaboa, Marín e Verín, así como no resto do concello de Ourense e nos barrios da Coruña onde xa estaban vixentes. O Goberno galego continúa sen publicar datos da evolución da pandemia a nivel municipal ou comarcal
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de coronavirus volven superar os 250 nun día en Galicia, 90 en residencias
A residencia Nosa Señora do Viso, en Lobeira, suma 61 novos positivos entre residentes e membros do cadro de persoal. Outros 23 correspóndense co centro Ballesol de Oleiros, nunha xornada sen novos falecementos rexistrados e con máis de 5.000 probas PCR, no que os novos casos equivalen a menos do 5% do total de test realizados
Vítimas de Angrois recorrerán o peche do caso para pedir incriminar tamén a Renfe
A Plataforma Víctimas Alvia 04155 aplaude que o xuíz "deixe claro que existía un risco na curva" que non foi avaliado segundo obriga a normativa e volve ver certificada a necesidade dunha nova investigación técnica sobre o sinistro que sexa independente
O xuíz de Angrois volve pechar a investigación e mantén un cargo de Adif e o maquinista como acusados
O instrutor volve equiparar a responsabilidade do maquinista e do ex-xefe de Seguridade de Adif e atribúe a ambos 80 delitos de homicidio por imprudencia grave profesional e 144 de lesións. Como hai dous anos, o xuíz considera a "condución neglixente" como "causa directa" do accidente, pero tamén culpa o cargo de Adif por non realizar a "análise integral de risco" esixida pola normativa
O PP frea a investigación da COVID-19 nas residencias promovida polo BNG
Os populares defenden que malia ao "dramático da situación", os falecementos nas residencias en Galicia "non se produciron aos niveis da media" estatal, e que unha comisión de investigación non sería "construtiva". Pontón ábrese a reformular a comisión de investigación -que si apoiou o PSdeG- nunha comisión de estudo se vai encamiñada a que "o dereito á vellez digna non sexa un negocio nunca máis"