- Datos Coronavirus
- Acontece
Dous novos diagnósticos, unha morte e unha soa persoa na UCI polo coronavirus en Galicia
Foron diagnosticados en Galicia apenas 64 casos novos nas últimas dúas semanas e deles, só 12 teñen a data de inicio de síntomas nese período. Os positivos activos dos que informa a Xunta baixan dos 700 e as persoas que o Sergas dá por curadas superan as 10.000; os pacientes falecidos coa covid-19 son 617
O PSdeG compromete a creación da Consellería de Igualdade se goberna tras o 12X
Gonzalo Caballero asegura que a Consellería de Igualdade "do goberno progresista" aglutinaría todas as "políticas para saír da crise que apoien as mulleres e garantan o seu dereito a non teren que ser o resorte de resistencia ante a ausencia de medidas da Xunta". O BNG propón "un servizo público de canguros" que compense o peche das escolas ata setembro
Federación de Dano Cerebral e educadoras sociais tamén urxen á Xunta a reabrir os centros de día sen agardar a setembro
FEGADACE reclama formalmente a Política Social que "rectifique" e alerta dunha situación de "emerxencia terapéutica e social" para as máis de mil persoas con dano cerebral ás que atende. O Colexio de Educadoras lamenta que "para promover a saúde dos maiores", a Xunta dea en "fomentar xusto o contrario" ao non permitir a reapertura dos centros de día e ocupacionais
Un Alvia que ía de Galicia a Madrid descarrila en Zamora e morren un maquinista e o condutor do coche co que bateu
Un vehículo cae ás vías do tren e provoca o descarrilamento do Alvia nas proximidades da cidade de Zamora. Os 180 pasaxeiros que viaxaban nel resultaron ilesos, asegura Renfe, se ben o 112 precisa que cinco precisaron atención por feridas leves
En vigor o ingreso mínimo vital: o BOE fixa os requisitos e evidencia que non inflúe na xestión da Risga
O IMV pode ser solicitado dende o 15 de xuño e o decreto que o regula certifica que non impide á Xunta "seguir xestionando" a Risga, aínda que non será compatible con ela ata que o Parlamento galego aprobe unha reforma da lei de inclusión
A Audiencia rexeita reabrir a denuncia do PP contra unha edil da Marea Atlántica polo antigo cárcere e confirma o arquivo
A Sala concorda co xulgado de primeira instancia en que Claudia Delso non cometeu os delitos de prevaricación, tráfico e influencias e malversación que o PP lle atribuía e tamén cre que "carece de fundamento" implicar o edil Xiao Varela ou ao ex-alcalde Xulio Ferreiro, como reclamaba a concelleira popular que recorreu
- Documento Coronavirus
- Acontece
A Xunta negociou cos centros de día a reapertura que agora frea entre alertas de "deterioro" de maiores e dependentes
Responsables de centros de día relatan que negociaran durante as últimas semanas coa Xunta unha reapertura inminente. Tras anunciar Feijóo que non poderán reabrir ata setembro, a Consellería de Política Social confirmóullelo por carta. A Federación Alzhéimer Galicia súmase ás voces que reclaman a reapertura
O ingreso mínimo vital será compatible coa Risga se o aproba o Parlamento que saia elixido o 12X
Feijóo non se pronuncia polo momento sobre posible reforma e di que "habería que valoralo". Carga contra aplicación do IMV porque asegura considerar que, se o Estado non transfire a xestión á Xunta dende o inicio, o Goberno galego non poderá "seguir xestionando" a Risga. En realidade, o Goberno de España seguirá sen ter competencia ningunha sobre a renda de inclusión galega
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un falecemento e ningún diagnóstico novo de coronavirus na última xornada en Galicia
Os "positivos activos" dos que informa a Xunta son 17 menos e quedan en 732, mentres que as persoas que o Sergas considera curadas chegan a 9.958, vinte e dúas máis. As persoas falecidas pola covid-19 son 616 segundo o Sergas e o Ministerio ten pendente de confirmar se sete deses casos se deben ao coronavirus. Mentres a Xunta segue sen publicar todos os seus datos, Feijóo acusa o Estado de "improvisación de proporcións moi lamentables" na información
O groso da fin do desconfinamento será competencia da Xunta grazas aos pactos do Goberno central co PNV e ERC
Sánchez confirma que a sexta prórroga do estado de alarma será a derradeira e na nova redacción do decreto, as presidencias autonómicas terán a consideración de autoridade competente delegada ao mesmo nivel que o ministro de Sanidade
Anatomía da semana que nos expulsou da 'vella normalidade': dos primeiros peches ao confinamento
O que sucedeu nos días previos ao confinamento para frear o contaxio do coronavirus segue sendo obxecto de controversia e o día e case a hora concreta de cada restrición, no centro da disputa política. Percorremos algúns dos fitos máis destacados daquelas xornadas, as últimas da 'vella normalidade'
PSdeG e Galicia en Comun ven no ingreso mínimo vital un reflexo do que a Xunta pode facer se a esquerda goberna tras o 12X
Caballero ve no ingreso mínimo vital a mostra de que "hai unha saída pola esquerda" á crise derivada do coronavirus e di aspirar a que o PSdeG lidere dende a Xunta o "gran pacto pola reconstrución de Galicia". Gómez-Reino asegura que "o Goberno de progreso que saia das urnas o 12 de xullo aproveitará as oportunidades que nos brinda o autogoberno para aplicar unha Renda Básica Galega" aproveitando o IMV