- Interactivo Coronavirus
- Acontece
O Estado publica a serie histórica do coronavirus e sitúa o primeiro caso de Galicia en xaneiro
O novo protocolo recoloca cada positivo na data estimada de inicio de síntomas do paciente e non no día no que o caso foi notificado; o primeiro en Galicia sitúase agora no 15 de xaneiro, aínda que segue reflectindo que a pandemia non se disparou ata as primeiras semanas de marzo
Pontón asegura que "un Goberno presidido polo BNG" promoverá a "nacionalización" das plantas galegas da antiga Inespal
"O BNG propón unha intervención como a que está facendo a chanceler Merkel en Alemaña con Lufthansa para salvar a produción estratéxica de aluminio e o emprego", subliña a candidata do Bloque á Xunta na presentación da candidatura da formación pola Coruña
O comité sanitario do PSdeG recomenda a Caballero reforzar centros de saúde e servizo de ambulancias público se é presidente
O comité que redactou o informe, encabezado pola ex-conselleira María José Rubio, advirte o PSdeG de que un eventual novo Goberno galego debe "asumir a enorme probabilidade de confrontar con novos brotes da COVID-19" en cuxa contención sería "protagonista" a Atención Primaria
Cincuenta e seis candidaturas optan a ter representación no Parlamento galego que se elixe o 12X
As principais forzas políticas presentan listas practicamente idénticas ás rexistradas para as eleccións adiadas en abril; a principal novidade no mapa político é a coalición de EM con CxG e o PG
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encadea cinco días sen mortes por coronavirus por primeira vez dende o inicio da pandemia
O número de falecementos ligados á covid-19 mantense en 618 mentres o Ministerio de Sanidade dá conta dun único diagnóstico novo en Galicia nas últimas vinte e catro horas
A Xunta Electoral ordena ao Goberno galego non usar a obra do hospital da Coruña para "enaltecer" a súa xestión en precampaña
O BNG denunciou expresións divulgadas polo Executivo galego tras presentar as obras de ampliación do CHUAC como que é "a maior obra pública que se ten impulsado na área da Coruña en moitos anos". A Xunta Electoral estima parcialmente a súa petición e ordena retirar esas palabras do sitio web do Goberno galego
A CRTVG non investigará o caso do vídeo de Irene Montero e acusa o persoal que o reclama de "desprestixiar" os medios públicos
A CRTVG desbota a investigación reclamada polo comité intercentros e por Defende a Galega ao considerar que "non existe nin unha soa proba nin indicio razoable" que sosteña o que define como "acusación contra os traballadores" dos medios públicos e unha "campaña de desprestixio". Asegura ademais "non entender comportamentos de certos colectivos" sobre os que, afirma, xa alertou "ao comezo da pandemia"
- Crónica Galegas 2020
- Política
12X, entre o 'Venceremos nós' e o 'Hai que apandar'
Nas semanas previas á pandemia xa fluían ás enquisas e apuntaban a que as ansias de cambio de goberno en Galicia existen e mesmo eran maioritarias, pero non tanto como a convicción de que hai un aquel de orde natural das cousas que mantén o PP na Xunta
A ausencia de Feijóo no debate do Parlamento sobre Alcoa irrita á esquerda mentres o PP culpa ao Goberno central
O conselleiro Conde pide "prezo eléctrico competitivo" para Alcoa, máis axudas para o sector e que parte dos fondos europeos para a reconstrución tras a pandemia vaian destinados a ese fin
- Datos Coronavirus
- Acontece
Só un novo diagnóstico do coronavirus en Galicia e máis de cen novas curacións sen referencia temporal do Sergas
Sanidade indica un novo falecido para un total de 618; na última semana os novos falecementos ligados á covid-19 foron tres. O gran incremento de "curacións" nun só día débese á suma dun golpe e sen referencia temporal de 104 altas epidemiolóxicas de persoas que estaban illadas nos seus domicilios por padeceren a covid-19 e que deron negativo en días que poden ser diversos
Galicia en Común propón a PSdeG e BNG pactaren as regras da campaña electoral "ante a irresponsabilidade do PP"
"Seguro que podemos acordar a duración da campaña e outras medidas entre as tres forzas que suman a alternativa" ao PP, di Gómez-Reino, que propón a socialistas e nacionalistas acordaren aspectos como a duración da campaña, as limitacións dos actos para evitar contaxios do coronavirus ou unha proposta sobre debates electorais
Autismo Galicia tamén insta a Xunta a rectificar o peche dos centros de día ata setembro: "É insostible"
As entidades de Autismo Galicia tamén traballaban na reapertura baseándose no protocolo elaborado no Sergas, do que agora desapareceron as dez páxinas dedicadas aos centros de día