- Crónica Galegas 2020
- Política
Galicia entra nunha carreira electoral en terreo descoñecido
Comeza unha carreira electoral que vai transcorrer por terreo descoñecido no formal e no político por mor da pandemia e cunha bolsa de electorado indeciso moito máis ampla do habitual. O PP chama os seus a non confiarse e a esquerda alenta o seu electorado advertindo de que desta volta si é posible un cambio de Goberno en Galicia
A Xunta di que enviará ao Parlamento dous documentos da fusión das caixas tras a condena xudicial por non facelo
Feijóo alega que a Xunta "pensa" que "esa documentación" está nas caixas de papeis remitidas en 2013 á comisión de investigación das caixas, paralizada hai tres anos e "no caso de que non estea, vamos a facilitala" a Antón Sánchez, que esixe que os papeis sexan públicos antes das eleccións
Pontón lanza a campaña do BNG convencida de que pode ser presidenta: "O PP vén dopado e aínda así pode ser derrotado"
Pontón coida que a campaña "se vai librar casa a casa, conversa a conversa" e que, cun PP á baixa, a "maioría de galegas e galegos que queren poñer en marcha un cambio" poden axudar o Bloque a "facer historia" o 12X
- Enquisa Galegas 2020
- Política
O CIS corrixe a suma de escanos estimados para o PP, que queda entre 1 e 4 por riba da absoluta
Os escanos que o CIS outorgaba ao PP (40-42) non se correspondían coa suma das estimacións provinciais; a versión corrixida (39-42) si o fai sen alterar a representación apuntada para outras forzas nin as porcentaxes de voto
O Tribunal Superior condena á Xunta por negar ao Parlamento papeis das súas decisións na fusión das caixas
O TSXG ve "claro" que, como argumentaba o deputado Antón Sánchez, a Xunta quebrantou o principio constitucional que avala o seu dereito a obter información no Parlamento e condénaa á entregar documentación como o informe da daquela conselleira de Facenda a prol da fusión de Caixanova con Caixa Galicia ou, no seu defecto, a dar razóns legais para mantelo oculto
- Datos Coronavirus
- Acontece
O brote de coronavirus no Barbanza atinxiu 91 persoas e 74 delas xa deron negativo
Todas as persoas rastrexadas por teren contacto coa persoa considerada inicio do foco en Ribeira deben gardar corentena; 9 deron positivo e outras 8 están á espera de resultados de proba PCR
Os colexios de enfermaría tamén rexeitan o "frívolo e partidista" cheque de Feijóo para gastaren na hostalería
"Rexeitamos esta iniciativa populista e electoralista", din os catro colexios de Enfermaría, que subliñan que a crise da covid-19 "fixo patentes" as "deficiencias" que as profesionais do Sergas viñan sinalando. Colectivos como a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública súmanse tamén ás críticas ao anuncio do candidato á reelección
- Datos Galegas 2020
- Política
A suba do orzamento da Xunta en sanidade e educación aínda non compensou 3.300 millóns de recorte acumulado
Os fondos do Goberno galego para sanidade están por riba das contas de 2009 dende 2018 e os de educación superáronos en 2020, pero ningunha das dúas partidas recuperou ata agora todo o perdido durante os anos de recortes. A principal partida orzamentaria para servizos sociais si recuperou xa o perdido, pero a que máis medrou foi a destinada a atender a débeda pública
- Datos Coronavirus
- Política
Tres novos diagnósticos de coronavirus en Galicia no período máis longo da pandemia sen mortes
O total de "positivos activos" baixa en dous casos, pero hai dous máis en Pontevedra, polo que cabe deducir que catro positivos deixaron de selo. A ausencia dunha serie pública do Sergas e a diferenza horaria dos partes da Xunta a respecto dos do Ministerio seguen atrancando a observación da evolución da pandemia en Galicia
A TVG propón un só debate electoral de líderes a sete bandas para o primeiro luns da campaña
A corporación pública tamén inclúe no plan de cobertura do 12X remitido á Xunta Electoral a proposta de catro debates provinciais a emitir ás 10 da mañá na TVG e outros catro do mesmo ámbito para a Radio Galega ás 9 da noite, todos eles pregravados
- Crónica Galegas 2020
- Política
Cando non rematou o mundo: 15 anos da fin do fraguismo
O 19 de xuño de 2005 as urnas deron a maioría de Goberno a PSdeG e BNG nunha noite electoral que non estivo exenta de fatalismo e que quedou pendente do voto exterior. "Era a derrota do gran Fraga nun momento no que Galicia e Fraga eran o mesmo, o país era Fraga, todo era Fraga"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dous novos diagnósticos de coronavirus en Galicia e outra semana sen mortes pola doenza
O número de "positivos activos" que indica a Xunta aumenta en dous casos pero a suma dos positivos comunicados polo Sergas dende o inicio incorpora cinco casos novos