- Datos Coronavirus Galegas 2020
- Acontece Lugo
A Xunta comunica 23 positivos máis no brote da Mariña e concellos da comarca piden adiar as eleccións
O Sergas indica un aumento de 15 "positivos activos" no conxunto da área de Lugo, que inclúe á Mariña, pero a variación non cadra co global que apunta para toda Galicia. Mentres, o Ministerio de Sanidade rexistra 35 novos diagnósticos en Galicia nas últimas vinte e catro horas. Dez dos catorce municipios afectados, os gobernados por PSdeG e BNG, piden á Xunta que aprace os comicios do domingo na comarca
O BNG crécese nas prazas: "O medre é imparable, por iso o PP está nervioso"
"O candidato do PP fala de que sería irresponsable suspender as eleccións na Mariña; o irresponsable é que minimice o brote e actúe con cálculos electoralistas", defende Ana Pontón no mitin central da formación en Santiago
- Entrevista | Antón Gómez-Reino Galegas 2020
- Política
"O mellor para activar o voto progresista é demostrar que Galicia en Común, PSdeG e BNG temos un horizonte compartido"
O candidato de Galicia en Común á presidencia da Xunta asegura estar convencido de que, o 12X, o cambio político se pode xogar por "dez ou quince mil votos". Para logralo, mantén, o mellor é que as tres principais formacións se amosen dispostas a acordar "un goberno que se vai parecer máis á Galicia real, que é plural e aberta", que os gabinetes do PP na última década.
- Datos Coronavirus Galegas 2020
- Acontece Lugo
O Sergas computa unha trintena de positivos de coronavirus na área de Lugo fóra da Mariña
O Sergas indicou este martes a detección de 3 casos novos do brote da Mariña, que xa sumaría 131 positivos dos que 10 son persoas que "xa están curadas e foron dadas de alta". A Xunta Electoral inhíbese ante posibles restricións para o 12X polo brote; Feijóo di que non se debe "meter medo á xente para non ir votar" e matiza que a indicación de non ir votar para as persoas illadas por daren positivo é só unha "recomendación"
Pontón apela dende o emblema pontevedrés ao electorado que nunca votou ao BNG: "O cambio é máis posible ca nunca"
"O PP está nervioso porque a maioría social que hai apenas un mes quería cambio, pero era escéptica, agora está convencida de que ese cambio é posible", afirma a líder do BNG. O manifesto 'É agora', asinado por "persoas do galeguismo e do nacionalismo que non militan no BNG", pide o voto para Pontón
- Alén do 1 | Martiño Noriega Galegas 2020
- Política
"Mentres haxa cambio de goberno, ningún resultado de parte será malo"
O ex-alcalde de Santiago, número tres de Galicia en Común pola Coruña, coida que "o día 12 podemos atoparnos nunha situación que rache a demoscopia e permita o cambio político". Reincorporado ao seu traballo como médico, Noriega coida que por mor da crise do coronavirus "imos ter unha crise social peor que a de 2008 e aínda non somos capaces de percibir a súa magnitude"
O programa do PP volve prometer os mesmos traspasos de competencias tras non lograr ningún dende 2009
Galicia encadea por primeira vez tres lexislaturas sen sumar novas competencias, o período máis prolongado na historia da autonomía. Tras advertir de que non aceptarían traspasos que "poñan en risco a viabilidade de políticas estatais", o programa dos populares reitera as peticións de competencias que "foron avaladas polo Parlamento", en referencia aos traspasos pactados na Cámara na lexislatura do Goberno de PSdeG e BNG
Pedro Sánchez apela á "mobilización progresista" o 12X para "unha resposta social á crise" coa Xunta presidida por Caballero
Sánchez regresa á campaña galega por partida dobre e cunha mensaxe para "todos os galegos e galegas progresistas" que optaron polo PSOE hai un ano: "Se se mobilizan, Gonzalo Caballero será presidente". O candidato do PSdeG redobra a súa mensaxe en clave social con promesas como 5.000 prazas "estables" no Sergas ou un ordenador para cada estudante do ensino público o vindeiro curso
- En actualización Coronavirus
- Acontece Lugo
O brote de coronavirus na Mariña achégase ao medio cento de casos tras sumar outros 12 e salpica a Asturias
O brote da Mariña provocou que a área sanitaria lucense pasase en apenas unha semana de 17 a 64 "positivos activos" pola covid-19. Unhas 500 persoas que tiveron contacto con persoas afectadas polo brote están en corentena por se desenvolven síntomas
Pontón promete reclamar dende a Xunta a xestión de pisos das antigas caixas para convertelas en vivenda pública
A candidata do BNG proponse reverter "once anos nos que o PP deixou de lado a política pública de vivenda", con só catro novos pisos protexidos o pasado ano e unha vintena en toda a lexislatura. Anuncia en Ferrol "un imposto ás vivendas baleiras de fondos voitre e entidades bancarias que estean desocupadas durante máis de dous anos sen causa xustificada"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos no brote de coronavirus da Mariña xa son 35 tras máis de medio milleiro de probas
Este 1 de xullo, o Ministerio de Sanidade reflicte cinco casos novos diagnosticados en Galicia nas últimas vinte e catro horas. O global de "positivos activos" do que informa o Sergas pode resultar enganosa ante os brotes puntuais: o indicador baixa levemente no global de Galicia mentres segue subindo na área afectada, neste caso a de Lugo
A cúpula estatal do PP desembarca en Lugo para facer campaña por Feijóo
Na súa terceira intervención na carreira electoral galega, segunda en campaña, Casado botou man de metáforas taurinas para preguntarse "a que vén" Pedro Sánchez a Galicia. Tras a visita do líder popular, o seu número dous, García Egea, acudiu tamén á provincia lucense, onde atribuíu a Feijóo a salvación de "miles de vidas" pola realización de test rápidos do coronavirus