O control da Xunta a viaxeiros pola COVID-19 inclúe Catalunya, Euskadi ou Portugal e exclúe Madrid pola mínima
A Xunta fixa como limiar para o control reforzado os territorios que tivesen unha incidencia do virus 3,5 veces superior á galega o pasado día 23, pero a resolución non inclúe Extremadura malia superar ese límite na data fixada. Sanidade fixa a obriga de comunicar os datos de contacto por teléfono, mediante un formulario web ou, no futuro, a través dunha aplicación que "poida habilitar a estes efectos"
O 60% dos novos positivos por coronavirus en Galicia son pacientes sen síntomas
O Instituto Carlos III analiza para Galicia 523 positivos dende o pasado 11 de maio dos que só 217 presentaban síntomas da COVID-19. A detección de persoas sen síntomas está ligada ao perfil dos pacientes e á situación epidemiolóxica, pero tamén á capacidade do sistema sanitario para rastrexar contactos de cada paciente que dá positivo; no caso galego, identifícanse entre 2 e 7
A Xunta activa o bono de 250 euros para gasto turístico do persoal sanitario, polo que Sanidade se desculpou
Malia ás protestas do persoal e tras as desculpas da Consellería de Sanidade, o Goberno galego en funcións segue adiante co bono turístico e finánciao inicialmente con 5 millóns de euros. O bono concrétase como subvención mediante unha tarxeta de Abanca de 250 euros para persoal sanitario e de servizos sociais que traballase entre o 15 de marzo e o 15 de xuño
Guía das cifras da COVID-19: por que os "positivos activos" non son o mesmo que os casos novos
"Positivos activos", "curacións", "infeccións resoltas", "casos novos"... Velaquí unha pequena guía de consulta rápida sobre os principais termos que poden ser útiles repasar os datos dos últimos meses e observar o que poida estar por vir.
Cen anos de 'Día de Galicia' no esquecido Día Nacional
Non hai celebración ningunha do Día Nacional por parte da Xunta tampouco neste 2020, cando se fan cen anos dende a primeira vez que o 25 de xullo foi conmemorado como "Día de Galicia" por impulso das Irmandades da Fala, cando se propuxeran "facer canto seia abranguibre, para que dentro de poucos anos, non haxa fogar galego, aldeán ou vilego, que deixe d'esteriorizar o seu patriotismo no Día de Galicia"
Feijóo defende a "eficacia na xestión" da "versión galega da autonomía" no único acto da Xunta polo Día Nacional
Dende hai sete anos, a Xunta entrega a súa Medalla na véspera do Día Nacional. Neste 2020, o galardón distinguiu ao persoal sanitario pola crise da COVID-19. Inés Rey defende un "coruñesismo profundamente galeguista" no recuperado acto do Concello da Coruña previo ao Día Nacional e Abel Caballero advirte de que "se Vigo tira, Galicia tira", na conmemoración celebrada polo consistorio vigués
Vítimas de Angrois volven clamar pola investigación independente tras "sete anos de gobernos negándonos a verdade"
A reclamación da investigación independente apoiada pola UE encabeza a reivindicación das vítimas, que na súa mobilización anual din sentirse "ninguneadas" polos sucesivos gobernos de España
A Xunta converte en xardín "cara ao Xacobeo" unha parcela na que promete vivendas protexidas dende 2004
O plan para construír este edificio de vivendas públicas de alugueiro a apenas 400 metros da Catedral de Santiago foi lanzado en tempos de Fraga, impulsado polo Goberno de PSdeG e BNG e adxudicado nunha primeira fase polo Executivo do PP de Feijóo, pero nunca se realizou. Xunta e Concello acordan agora que sexa un xardín por tempo indefinido, se ben o goberno local asegura que a súa preferencia segue a ser que acabe acollendo "vivendas en réxime de protección para o alugueiro"
O Sergas rexistra 39 positivos novos de coronavirus cun novo brote de seis casos no Porriño
Comparar a situación actual da pandemia do coronavirus tanto en Galicia como no conxunto do Estado co acontecido nos pasados meses de marzo ou abril pode ser enganoso sen información de contexto como o gran número de casos asintomáticos (máis do 60%) que agora se detectan. Para facelo, son claves indicadores como o número de casos novos ao carón dos "positivos activos" dos que informa a Xunta
O Estado constata que a Liga coñeceu o brote do Fuenlabrada antes de viaxar e A Coruña leva o caso á Fiscalía
O Consello Superior de Deportes asegura que a Liga soubo "o domingo ás 22h30" da existencia dun brote de coronavirus no Fuenlabrada, que viaxou igualmente o luns á Coruña para enfrontarse ao Deportivo. O Concello coruñés pide ao Ministerio Público aclarar se "estamos ante unha conduta imprudente con risco exponencial para a saúde pública" e se os feitos son "constitutivos de delito"
Madrid afirma que soubo dos positivos do Fuenlabrada cando o equipo xa estaba na Coruña
A Comunidad de Madrid asegura que está a investigar por que "non se notificou no seu momento" a existencia de positivos entre o persoal do Fuenlabrada, dos que asegura que non soubo "ata última hora do luns", igual que a Xunta. O Sergas confirmou este mércores o illamento de tres condutores de autobús e un afeccionado que tiveron contacto co persoal do Fuenlabrada na Coruña
- Datos Coronavirus
- Acontece Lugo
O Sergas levanta o peche de Burela e rexistra 17 casos novos de coronavirus en toda Galicia
A Xunta decide non estender o peche de Burela alén da última prórroga de sete días tras detectar dous casos novos ligados ao brote e mentres as persoas de alta seguen aumentando na zona. A área da Coruña, afectada polo brote importado, aumenta en 6 "positivos activos"