- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos por coronavirus superan os 1.300 en Galicia e diminúe o ritmo de entradas na UCI
A maioría das persoas que deron positivo pola covid-19 seguen sendo atendidas a domicilio, un total de 983; mentres, a hospitalización ordinaria aumenta máis que a atención nas UCI
A Xunta polemiza co Estado polas máscaras sanitarias e persoal do Sergas pide aclarar cantas hai
A Xunta asegura que ten "encargadas 8 millóns de máscaras", di que xa recibiu unhas 85.000 do Ministerio e asinou recentemente un convenio co Goberno vasco para acceder a 70.000. Ademais, segundo Feijóo, o Sergas dispón actualmente dunha reserva de medio millón destes equipos
- Datos Coronavirus
- Acontece
As hospitalizacións por coronavirus en Galicia superan as 300 e o primeiro ingresado pola doenza sae da UCI
Os positivos detectados en toda Galicia son xa 1.170 e as persoas falecidas chegan ás 19. As recuperacións son tamén 19 e están en illamento domiciliario un total de 854 persoas.
A Xunta volve mudar a instrución ao ensino polo virus e as direccións xa non teñen que ir tres horas diarias ao centro
Dende este luns, 23 de marzo, cada dirección ten a indicación de acudir ao centro "o tempo que considere preciso" durante a alerta sanitaria polo coronavirus
O test de coronavirus no coche implántase en Galicia e o Sergas lembra que só se fai con cita
A realización dun maior número de test incrementará as cifras de positivos coñecidos, pero tamén permitirá mellorar o seguimento e control da pandemia
O decreto que desconvoca as eleccións mantén a decisión da data na Presidencia da Xunta
O decreto sinala que o novo proceso electoral comezará "no prazo máis breve posible" cando estea "levantada a declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria". Todos os principais partidos apoiaron o adiamento e sinalan como "prioriade" a loita contra a crise sanitaria; non obstante, a actual oposición cre imprescindible que o Goberno teña control parlamentario neste transo inédito
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos por coronavirus detectados en Galicia soben a 444 e o Sergas confirma o quinto falecemento
O total de positivos aumenta en 111 persoas e os casos máis graves que requiren atención na UCI incrementáronse en catro, de 11 a 15
Os test de coronavirus a pacientes leves dispararán os casos, pero mellorarán o seguimento da epidemia
"Teremos que explicar con coidado o impacto" dos test rápidos "no incremento" dos casos, admite Fernando Simón. O Sergas leva realizadas 2.614 probas de coronavirus covid-19, segundo datos actualizados este 18 de marzo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos por coronavirus en Galicia chegan a 333, a maioría con atención domiciliaria
O incremento diario de casos é o menor nunha semana, segundo os datos do Sergas, que confirma un cuarto falecemento. 63 persoas co virus están hospitalizadas en unidades ordinarias e un total de 11 están en unidades de coidados intensivos.
Netflix, mellor á noite: as operadoras de telecomunicacións piden uso "racional" de internet na crise sanitaria
Nos primeiros días de confinamento as chamadas de voz sobre rede móbil disparáronse un 50% e as aplicacións de mensaxería como WhatsApp quintuplicaron o seu tráfico, calculan as operadoras. As principais compañías piden reservar os usos de lecer para as "horas val", de dúas a catro da tarde e de oito da tarde a oito da mañá
As eleccións galegas quedarán adiadas ata despois da emerxencia sanitaria e sen data definida
Tras constataren o acordo total en adiar as eleccións por mor do virus, as forzas políticas abordaron o mecanismo xurídico para facelo; este mércores a Xunta "deixa sen efecto" a convocatoria do 5A e tras a crise sanitaria iniciarase un novo proceso electoral
- Datos Coronavirus
- Acontece
A infección por coronavirus en Galicia chega a 305 persoas, once delas na UCI
A maior parte das persoas que deron positivo en Galicia están sendo atendidas a domicilio, un total de 235; outras 59 están hospitalizadas en unidades ordinarias