A xustiza condena a comisión de investigación técnica de Angrois a contestar a petición das vítimas de que reabra o caso
A CIAF do Ministerio de Transportes, que avalou a versión oficial de que a culpa foi do maquinista, vense negando a realizar unha nova análise independente, como reclama a UE, pero agora terá que argumentalo oficialmente
Xunta e PP priorizarán parques eólicos cun mecanismo lexislativo que limita a participación da cidadanía e da oposición
O Goberno galego aproveitará unha lei xa en trámite sobre polígonos empresariais para introducir unha promesa feita por Feijóo en xaneiro e legalizar tamén o seu programa de Concellos Emprendedores, que o TSXG considerou discriminatorio
O Supremo ratifica a condena a catro gardas civís de Noia por insultos homófobos e vexacións a un compañeiro
“Prefiro un fillo morto ou drogadicto que maricón”, “arriba España e morte aos maricóns” ou “a muller do posto” son expresións que segundo a sentenza dirixían ao axente, cuxo caso foi denunciado polo hospital de Santiago que o atendeu cunha crise de ansiedade
A Audiencia Nacional procesa a Iberdrola por manipular as súas centrais no Sil para inflar os prezos da electricidade
A causa ten a súa orixe no outono de 2013, cando a empresa reduciu a produción hidroeléctrica para aumentar o prezo doutras fontes, segundo constataron a Comisión Nacional dos Mercados e a Fiscalía Anticorrupción
- Análise
- Política
As axudas a segundas residencias en Sanxenxo, un paso máis na axenda política da conselleira de Medio Ambiente e Vivenda
Perseguir ocupacións ilegais de vivendas malia ser un fenómeno residual en Galicia, segundo os datos oficiais, apoiar ás patronais e fomentar a caza, en particular do lobo, están entre os focos de atención que Ángeles Vázquez prima cos seus actos públicos
A Audiencia Nacional condena a Adif e Renfe por un incendio en Boborás que queimou 180 hectáreas en 2015
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias non limpou correctamente as marxes da vía entre Santiago e Ourense e permitiu que un tren seguise circulando malia ser coñecedora do mal estado dos seus freos, que soltaban faíscas e que non foran comprobados por Renfe
Rueda reformula a cúpula de Educación ano e medio despois de facelo Feijóo e crea novos altos cargos en varias consellerías
O presidente divide a Secretaría Xeral de Educación e FP en dúas direccións xerais de rango inferior e anuncia novos departamentos para industria, emprego e fondos europeos
Celta e Concello de Mos esgrimiron sen éxito ante o TSXG un informe da Federación que preside Louzán en defensa da súa cidade deportiva
A Federación Galega de Fútbol argumentou “a gran labor de promoción do deporte base” como xustificación para unhas instalacións que na primeira fase xa executada e declarada ilegal foron pensadas só para o equipo profesional
O proceso para organizar o xuízo de Angrois está "paralizado" porque a Xunta non di ao xulgado onde se celebrará
O xulgado vén de urxir novamente unha resposta ao Goberno galego, que quedou sen director xeral de Xustiza hai unha semana e que no seu momento impuxo ao instrutor do caso como peritos a funcionarios propios sen experiencia ferroviaria
- 📺 Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda e PSdeG intercambian chamamentos ao diálogo seguidos de reproches mutuos
O portavoz socialista teme que o popular “vaia converterse nun presidente tutelado, irrelevante”, e recibe como resposta que actúa con “sucursalismo” do PSOE estatal
- 📺 Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda enfróntase no seu primeiro debate como presidente ao seu apoio en 2009 a colectivos contra a lingua galega
Pontón acusa o popular de quitar “ás novas xeracións a oportunidade e a liberdade de falar en galego” e o presidente respóndelle que non quere “unha sociedade monolingüe, nin en galego nin en castelán”
O Tribunal Superior ratifica a ilegalidade da cidade deportiva do Celta antes de que a Xunta valide a súa legalización
O goberno local de Mos, do PP, aprobou o luns o plan urbanístico co que pretende regularizar o xa construído, e o martes o TSXG fixo pública a sentenza que ratifica que foi ilegal, pero o paso municipal debe ser avalado pola Xunta e a sentenza pode ser aínda recorrida