O plan do Goberno de España pola crise de prezos simplifica os permisos para parques eólicos
O decreto-lei de medidas urxentes reduce os prazos de tramitación para proxectos que estean en zonas de sensibilidade ambiental baixa ou moderada en función dunha clasificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica
As empresas públicas da Xunta empeoraron aínda máis a falta de paridade nos seus consellos de administración no último ano
Sete das trece sociedades nas que a administración galega é maioritaria teñen moitos máis homes que mulleres, e cinco delas agravaron esa diferenza nos últimos meses
Baltar dá por feito que Rueda sucederá a Feijóo na Xunta e fará ver o seu peso no congreso que decida o futuro do PPdeG
O líder ourensán di que pode haber “solucións transitorias” no partido pero lembra que o candidato ás próximas eleccións galegas debe ser quen o presida, e no seu nomeamento fará ver que o seu é “o goberno máis importante despois da Xunta"
Endesa obtén permiso ambiental para desmantelar a central térmica das Pontes e a obra durará 60 meses
O departamento de Patrimonio da Xunta informa en contra da demolición da cheminea, pero o Ministerio para a Transición Ecolóxica constata que non está protexida por ningunha administración
- Documento
- Política
15 anos para un trámite, silencio sobre as residencias ou atrasos sanitarios, entre as queixas ao Defensor del Pueblo sobre a Xunta
O alto comisionado estatal afea a Augas de Galicia que tardase 15 anos en tramitar unha concesión: “Resulta dificilmente xustificable”. O informe tamén reflicte que o cárcere da Lama foi en 2020 o centro penitenciario de todo o Estado con máis mortes de todo tipo, cun total de 11
- Reportaxe Exclusión financeira
- Acontece
"Os mozos saben disto, pero a ver se saben sachar": maiores de Lousame aprenden a usar o caixeiro que subvenciona a Xunta
Unha ducia de persoas, a maioría mulleres, asisten agradecidas á xornada de formación de hora e media ofrecida por Abanca no marco da axuda que lle dá o Goberno galego para que instale caixeiros en 38 vilas
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Liberdade, menos impostos e caricaturas do rival: frases e fotos de Feijóo na primeira campaña das próximas eleccións xerais
Das Fallas de Valencia ao desexo de vivir en Madrid ou a acusación a Sánchez de “forrarse” con impostos, a xira de presentación do popular ante os seus virou en mitins que anticipan unha longa campaña electoral
Feijóo di en Euskadi que “o voto dos vascos ten que servir para facer un País Vasco forte” e non para fortalecer a Sánchez
O popular seguiu este venres coa súa campaña interna catro días despois de que os afiliados xa votasen a súa única candidatura
O Defensor del Pueblo constata o uso sen control do glifosato como herbicida nas estradas galegas
Malia estar considerado como posible canceríxeno, o Goberno de España non avisa á cidadanía da súa aplicación e o galego non avalía os posibles efectos adversos sobre persoas e animais nin tramita as denuncias
A Xunta tentou de xeito "impropio" que o Supremo corrixise a condena a pagar a multa da UE polas depuradoras de Vigo e Ribeira
O alto tribunal rexeita a petición do Goberno galego de que aclarase a sentenza porque “o que trata de obter é unha modificación da resposta dada” contraria aos seus intereses e salienta que as supostas dúbidas da administración xa tiveron “resposta explícita”
A Xunta dá dous postos á patronal no órgano consultivo sobre territorio e elimina a posibilidade de que participen movementos sociais
A nova Xunta de Ordenación do Territorio e Urbanismo terá 30 vogalías, máis da metade da propia administración autonómica, e suprime a posibilidade de que catro postos fosen para “persoas de acreditada experiencia ou vinculación”, o que abría a porta a colectivos ecoloxistas ou do patrimonio
- Documento
- Política
A Xunta pediu ilegalmente a un beneficiario da Risga que lle devolvese 4.500 euros cando obtivo o IMV
Un xulgado salienta que a devolución do xa cobrado só pode solicitarse se houbo fraude ou ocultación, pero que se o cidadán avisa de que obtivo outro ingreso Política Social só pode compensar a diferencia en futuras prestacións