O BNG pregunta á UE que vai facer para que España cumpra a norma que obrigaba a unha análise independente de Angrois
A portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, critica como “unha vulgar manipulación por puro cálculo electoral” as manobras de Fomento en defensa da versión oficial que culpou o maquinista do accidente
“O 85% dos galegos optaron pola xestión online coa Xunta no 2021”, di o Goberno galego sen mencionar as restricións pola pandemia
A Xunta fai balance da penetración da administración electrónica con diversas comparacións con 2019, pero obviando as dificultades de atención persoal dos dous últimos anos
A web da Xunta para publicitar aldeas abandonadas segue con só tres inmobles tras medio ano activa
O Goberno galego obrigouse por lei hai dous anos e medio a crear unha plataforma informática que non activou ata o pasado xuño e á que só se incorporou o Concello de Sober
- Documentos Angrois: traxedia en Compostela
- Política
Documentos internos de Fomento desvelan manobras en defensa da versión oficial que culpou de Angrois ao maquinista
A documentación deixa en evidencia o intento infrutuoso de que a UE ocultase ou rebaixase un informe crítico coa investigación do sinistro feita por España, demorado a despois das eleccións xerais de 2016
- Documentos Reféns de Audasa
- Política
Inflación, obras pendentes de pago e compensacións das administracións soben as peaxes en Galicia entre o 2% e o 3%
Hai un ano as taxas das autoestradas permaneceron conxeladas na práctica, pero para 2022 volven medrar
Tamén sobre o mosteiro de Oia, monumento nacional: así son as novas recreacións dos promotores de eólicos da serra da Groba
A Xunta somete a información pública, novamente acelerada, o segundo dos varios parques con medio cento de xeradores que se están a tramitar na zona, visibles desde os seus principais puntos turísticos
- Vídeo
- Política
Feijóo centra no Xacobeo, os fondos europeos e o comportamento da cidadanía as súas expectativas para 2022
O presidente da Xunta pronuncia un tradicional discurso de fin de ano con menos fondura política que en ocasións previas pero con similares referencias compartidas coa felicitación de Nadal do PP
- Datos Coronavirus
- Política
Quedar a durmir, coidar de persoas ou “forza maior”: as excepcións á prohibición xa en vigor de encontros nocturnos de non conviventes
Na última xornada sumáronse outros 5.800 novos casos de COVID detectados, novo récord, pero a hospitalización mantense contida
Tras a obra queda o ruído: Transportes actuará agora contra a contaminación acústica de infraestruturas rematadas hai anos
A Cidade da Cultura asegura que en 2021 tivo récord de visitas, con 1,18 millóns sen contar a vacinación masiva
A Xunta publicita que o Gaiás recibiu 30.000 persoas máis que en 2019 nun cómputo do que di excluír “as máis de 600.000 visitas” de persoas que acudiron a vacinarse contra a COVID
A patronal eólica pide á Xunta medidas de "estímulo" do sector en plena eclosión de solicitudes de novos parques
A Asociación Eólica de Galicia rexeita a moratoria da Xunta a novos proxectos e o aumento de distancias coas vivendas e poñen como exemplo a “harmonía” dos parques actuais coa súa contorna
Os 400.000 euros en axudas que a Xunta repartiu en 21 minutos na noite dun sábado foron a 13 concellos do PP e 7 do PSOE
O Goberno galego gabouse da rapidez coa que se esgotaron as subvencións, cuxo prazo de solicitude abriu nunha medianoite de fin de semana, obrigando novamente a funcionarios ou concelleiros a trasnoitar para solicitalas