A nova delegación da Xunta en Ferrol terá menos órganos que o resto e algunhas funcións dependerán da Coruña
Feijóo prevé anunciar o nome do delegado ou delegada nos próximos días mentres o DOG establece que cada consellería decidirá o reparto da súa estrutura entre A Coruña e Ferrol
O TSXG ratifica unha multa a Arriva por dar datos falsos á Xunta para desfacerse de persoal e censúralle “menosprezo” á comarca da Mariña
A empresa foi sancionada por vulnerar a competencia e o interese público, pero argumentou que non había tal porque só se vían afectados 12 concellos do norte de Lugo, e o tribunal di que non pode aceptar ese “menosprezo dialéctico”
Feijóo anuncia un novo incentivo para acelerar parques eólicos dúas semanas despois de entrar en vigor a súa suposta moratoria
O Goberno galego multiplica a introdución de cambios no ámbito eólico aproveitando leis de todo tipo, agora unha de polígonos empresariais, pero sen reformular o plan marco do sector de hai dúas décadas
Comeza o xuízo contra Cabezas, ex-alcalde de Ourense, por ‘perdoar’ a construtoras o 10% que debían ceder para uso público
A Fiscalía pide para o político popular e para o seu concelleiro de Urbanismo sete anos de cadea e 2,8 millóns en indemnizacións
O ministerio comeza novas obras na AP-9 en Vigo para paliar as conxestións que prevé pola gratuidade de Redondela e Vialia
Sen rematar aínda os traballos pendentes tras a ampliación da ponte de Rande, agora farase un apartadeiro de emerxencia en cada sentido no acceso á cidade que obrigará a cortar carrís durante as noites
A herdanza de Fraga aos dez anos da súa morte: unha trintena de leis en vigor das 155 que aprobou tras derrogar Feijóo boa parte
Normas de hai tres décadas tiveron sucesivas emendas polos gobernos do propio Fraga, PSdeG-BNG ou o actual, pero das 73 expresamente derrogadas na súa totalidade, concepto de moda polo debate sobre o alcance da reforma laboral estatal, 42 fórono na última década
Portugal aposta por unha estrada Bragança-Seabra e obvia a idea de Xunta e concellos de levala á Gudiña por espazos protexidos
A Comisión Europea incluíu a vía na súa recente actualización da rede transeuropea de transportes “segundo o solicitado por Portugal e aceptado por España”
- Vídeo Sector eólico
- Política
Feijóo confirma que a compensación aos concellos polo impacto dos eólicos será en 2022 similar á da última década, 11 millóns a repartir
O presidente da Xunta e a ministra para a Transición Ecolóxica coinciden en apostar por máis parques pero aseguran que serán respectuosos co territorio
A Xustiza tamén rexeita que Casal de Armán deixe pavimentado e non en estado natural o lugar do salón de eventos ilegal que debe demoler
A empresa da familia do conselleiro de Medio Rural perde un segundo preito contra Patrimonio, agora sobre como demoler a edificación que explota desde 2015 xunto a unha igrexa protexida, un mes despois de que o TSXG tombase o intento de legalizala
Educación repartirá probas de saliva nas aulas cun positivo por COVID para que o alumnado as faga na casa na mañá do día seguinte
Feijóo di que a medida está pendente de que as consellerías de Educación e Sanidade acorden o protocolo e anuncia que o vindeiro mércores 19 de xaneiro comeza a vacinación coa terceira dose das persoas de 39 ou menos anos
Feijóo teima en que as concesións privadas de terreos públicos no litoral poidan durar máis de 75 anos
Cinco días despois de rematar a exposición pública do novo regulamento de Costas que o Goberno de España divulgou hai dous meses o presidente da Xunta pídelle “que nos concrete exactamente que é o que quere facer”
Duplicar unha granxa de 23.000 pitos sen avaliar o impacto na auga ou na veciñanza: o TSXG condena a inacción da Xunta na Limia
O Tribunal Superior anula o permiso ambiental que o Goberno galego outorgou a unha explotación “vinculada dentro do grupo Coren” e deixa en evidencia a súa falta de estudos sobre a contaminación agrogandeira na zona malia ser Rede Natura