A Xunta ten compromisos de confidencialidade con varias empresas supostamente interesadas en instalarse en Galicia
Feijóo gábase do silencio do seu goberno “durante un ano” sobre unha empresa chinesa que di que quere instalar unha fábrica de pneumáticos nas Pontes cunha altura na súa construción que “non é menor”
A Xunta é condenada por subcontratar ilegalmente a avaliación de impactos no patrimonio en vez de incorporar máis persoal
Cultura argumentou que carecía de persoal para encomendar unha competencia exclusiva do funcionariado a Tragsatec, pero o TSXG salienta que tiña 132 candidatos mentres que a empresa pública se dedica a outras cousas e igualmente tivo que contratar 16 persoas
Oribio, Sasdónigas e agora Corme: así benefician os prazos da Xunta ás empresas eólicas e así a corrixe a xustiza
A nova sentenza do Tribunal Superior volve cuestionar a xestión do sector por parte da Xunta, que tras anos reformando leis para “axilizar” a implantación de aeroxeradores vén de anunciar unha nova medida nesa mesma liña
Entidades sociais e oposición cargan contra a Xunta tras a nova condena á súa xestión eólica
Colectivos ecoloxistas e políticos aventuran que a sentenza contra o parque de Corme virá seguida doutras similares por reducir o Goberno galego os prazos de exposición pública dos proxectos
Eivas de seguridade nunha residencia condenan a DomusVi a indemnizar unha morte co dobre do que lle impuxo a Xunta
Unha persoa residente nun centro público concesionado de Vigo, que debía estar “máis controlada”, caeu por unhas escaleiras que non estaban pechadas, e o TSXG considera que era “fácil” mellorar esa seguridade
Transportes pon prazos ás infraestruturas pendentes en Galicia tras o remate da alta velocidade
Feijóo deixa agora en mans dos técnicos e Talgo o cambio de ancho da liña Ourense-Santiago e a entrada en servizo dos trens Avril
80 xeradores a 30 quilómetros de Valdoviño: Blue Float e Sener duplican a aposta de Iberdrola en Ortegal, agora fronte á Coruña
Igual que o proxecto da competencia lanzado hai medio ano, os promotores destoutro parque, denominado Nordés, propoñen “negociar” coa Xunta “compensacións” á pesca
- Documento Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID nas residencias privadas foi case o dobre que nas públicas
A análise oficial que a Xunta encargou á USC conclúe que “o tamaño do centro e a titularidade” foron “factores que aumentan a incidencia da enfermidade” entre as persoas da terceira idade ou con discapacidade que alí residen
Feijóo insinúa que a xustiza non anularía a concesión de Ence se o Estado a defendese
O presidente amósase molesto co Goberno central tras lembrar este á Xunta que está a tramitar a reforma dunha instalación declarada ilegal pola Audiencia Nacional, e pide esperar ao recurso pendente no Tribunal Supremo
- Documento ENCE 2073
- Política Pontevedra
O Concello de Marín, gobernado polo PP, critica a reforma de Ence: "Crea un monocultivo con especies alóctonas invasoras"
O municipio lindeiro coa factoría de Lourizán emite un informe no que cuestiona o impacto visual do complexo, sobre a biodiversidade ou o tráfico
A Xunta rectifica tras anos repartindo axudas a concellos ás doce da noite pero mantén a velocidade como criterio para outorgalas
O Goberno galego lanza unha nova subvención avisando oficialmente o día antes pero agora xa non primará a funcionariado ou edís que sexan máis rápidos nas madrugadas de fins de semana senón aos que o sexan en horario laborable
- Documento ENCE 2073
- Política Pontevedra
O Estado advirte á Xunta contra a reforma de Ence que tramita porque a concesión está anulada pola xustiza
Empresa e Goberno galego reiniciaron hai dous meses a tramitación da ampliación de instalacións e medidas ambientais prometidas tras a prórroga de Rajoy de 2016, pero Costas alega que se basean nunha decisión “que a día de hoxe se atopa xudicialmente anulada”