Ence gábase de "culminar a parada técnica anual con cero accidentes con baixa"
A empresa asegura que “tampouco se produciu ningún contaxio por coronavirus no interior das instalacións”
Audasa tentou culpar un condutor por bater nunha bicicleta tirada na AP-9 e a xustiza sentencia que a concesionaria debía retirala
A empresa argumentou na causa que o condutor “debeu esquivar” o obstáculo da calzada pero a Audiencia da Coruña salienta que o sinistro, ocorrido de noite, produciuse mentres a iluminación que había nese treito “estaba apagada”
A Valedora pide explicacións á Xunta pola falta de transparencia sobre o correo “spam” co que perdeu 293.000 euros
Os servizos informáticos néganse a explicarlle á Comisión da Transparencia por que non fan pública a súa análise do que ocorreu para que un aviso xudicial non fose atendido e supuxese a perda dun preito por sobrecustos na Cidade da Cultura
Rodas, celulosa, eólicos, encoros ou hidróxeno: os futuros das Pontes tras o plan máis inmediato de Endesa para demoler a térmica
O enclave industrial do norte do país asiste a unha sucesión de propostas empresariais en ocasións incompatibles das que tamén pode acabar dependendo a reactivación de Alcoa, necesitada de enerxía barata
O Porto de Marín ameazou con subir taxas a outros barcos e mercadorías se Ence marcha da zona
O Consello Consultivo considerou “viable” a proposta da Xunta de que a factoría se inclúa en terreos portuarios amparado nun informe da Autoridade Portuaria que a considera un “uso portuario” polo seu efecto sobre as súas propias contas
Feijóo encomenda a nova Delegación da Xunta en Ferrol a unha edil do PP e di supoñer que o seu custo será “comedido”
O presidente traslada a reunión semanal do seu Goberno a Ferrol, anuncia a remodelación da sede administrativa nesa cidade e asegura que aínda non pensa na candidatura do seu partido para as municipais de 2023
Un barco da Armada que en 2019 abordou e afundiu un pesqueiro en Vigo incumpriu normas e non contestou aos controladores
A investigación oficial pide á Armada unha auditoría do seu buque Intermares tras non poder entrevistar ao oficial de garda no momento do choque co pesqueiro Romo Dos, cuxos dous tripulantes foron rescatados ilesos
Congreso e Senado instan a evitar paralizacións irregulares de obras como as que atrasaron o AVE galego en 2016 e 2017
Dous anos despois de que o Tribunal de Contas emitise un informe moi crítico coa mala xestión da alta velocidade durante o Goberno de Rajoy as Cortes piden agora a Adif diversas melloras
- Crónica
- Política
A estrea de Luis Álvarez como portavoz do PSdeG no Parlamento é virada por Feijóo nunha nova sesión de control á oposición
“Do que estamos a falar aquí é de aclaracións a Galicia do Goberno central”, contestou o presidente da Xunta na sesión de control ao seu executivo
- Crónica
- Política
Feijóo gábase de levar como alto cargo desde os 90 e reprocha a Ana Pontón que sexa deputada desde 2004
A nacionalista pregunta ao presidente pola situación da atención primaria e obtén como resposta que o BNG non debe empregar o topónimo Galiza
Das vitorias con trombón do "cacique bo" ao fillo sostido no cargo cun bipartito: dez anos da retirada de Baltar
Dous anos despois de deixar o cargo José Luis Baltar foi condenado por prevaricación por enchufar 104 persoas nunha Deputación que o seu fillo só puido manter grazas a un dobre bipartito con Jácome
A A-8 estivo pechada por néboa no Fiouco o 5% do tempo desde a súa inauguración hai agora oito anos
A DGT cifra en preto de 3.300 horas -uns cinco meses- a suma dos cortes de tráfico neste tempo e instala novas balizas luminosas mentres agarda pola avaliación de prototipos de axuda á condución ou dispersión da néboa