A xustiza fai firme que a cidade deportiva do Celta comezou de xeito ilegal
O Tribunal Superior rexeita o derradeiro recurso presentado polo Concello de Mos, que xunto con Carlos Mouriño puxo en marcha un proceso de legalización e ampliación do xa construído
Un mes despois de anunciar un xiro político para participar nas renovables a Xunta nin iniciou a consulta pública previa
Rueda pediu tempo para aclarar a nova postura do Goberno galego coa futura lei, que di que beneficiará a “toda a sociedade”, pero de momento o proceso de escoita está centrado en colectivos empresariais sen abrirse aínda ás opinións da cidadanía
Outra Tarxeta Benvida mal denegada pola Xunta por non comprobar a documentación que lle entregou unha familia
Unha familia puxo por erro no formulario unha data de nacemento distinta á do libro de familia, pero a consellería non atendeu ese documento oficial nin aceptou corrixir o erro da solicitude e agora é condenada a retomar o expediente
A Xunta renuncia a defender no Supremo a súa redución á metade do prazo para alegar contra parques eólicos
O Goberno galego só recorreu un dos dous motivos polos que o TSXG anulou a repotenciación dun eólico en Corme e agora o Supremo analizará se a exposición pública debía contar con todos os informes ou podían facerse despois, pero non a redución do prazo
A Xunta quere mudar os dous helicópteros de salvamento que en 2012 vía "obsoletos" pero que prorrogou hai dous anos
O Goberno galego primará nun novo concurso público as empresas interesadas que oferten aparatos fabricados despois de 2015 fronte os actuais de 2005
Adif tarda unha década en completar a seguridade na curva de Angrois, na que o accidente xa non se podía repetir
Tras empregar Renfe máis de dous anos en reparar a bordo dos Alvia o sistema ERTMS de control da velocidade, Adif actívao tamén nas vías máis de once anos despois da súa inauguración
O sector dos buses pide máis cartos a Rueda nunha reunión que o presidente non fixo pública
Parte da patronal reclama tamén mover os vehículos entre cada concesión en función das súas necesidades en lugar de garantir sempre os mesmos buses en cada servizo como se comprometeran, o que os abocaba a mercar máis
Rueda ve "tempo perdido" para Ourense o mandato de Jácome, a quen o PP deu a alcaldía
Na presentación do ex-alcalde Manuel Cabezas como novo candidato da formación o presidente provincial, Manuel Baltar, salienta a importancia dos votos na cidade para revalidar a presidencia da Deputación
A Xunta deixou sen axudas a mulleres paradas que querían emprender no rural por non revisar as súas solicitudes
O Tribunal Superior condena a Consellería de Emprego e Igualdade porque “a ela correspondía, dada a súa posición de privilexio nas súas relacións co cidadán, velar polo cumprimento deste tipo de formalidades”
A Xunta admite que eólicos xa instalados en Coristanco "poden estar a xerar un impacto significativo" nas aves
Tras desbotar máis parques entre Vimianzo e a Ría de Noia porque os que hai xa están a afectar ás aves, Patrimonio Natural revela agora que os seus cálculos sobre mortalidade tamén detectan problemas no interior da Costa da Morte
O impacto ambiental tomba eólicos que Noruega tramitaba ante o Goberno de España xunto a zonas protexidas do Courel e Trevinca
O Ministerio para a Transición Ecolóxica declara inviables os parques Barjas e Prada, de 121 e 171 MW, promovidos pola empresa estatal norueguesa Statkraft. Tamén rexeita outro de 60 MW de Enel a carón do Courel con posible impacto no oso pardo.
Adif guindou ao Sil os vagóns descarrilados en 2020 de forma "intencionada" tras ser advertido de que non podía facelo
O TSXG corrixe unha sentenza previa que eximía a empresa pública da multa de 45.000 euros que lle puxo a Xunta e desbota os seus argumentos de que non afectou á saúde, que fora Renfe ou que xa tivera outra multa da Confederación Miño-Sil