Rueda abre a campaña apoiando nun mitin a Baltar, que cre que o seu comportamento non terá custo electoral
O presidente comparte mitin en Ourense horas despois dun novo adiamento, a despois do 28M, do xuízo por un delito contra a seguridade viaria ao seu compañeiro de partido, a quen a xustiza advertiu de sancións engadidas por non comparecer antes
O capital privado terá maioría na empresa de renovables que impulsa a Xunta, que asegura que controlará os proxectos
O Goberno galego di que a maioría privada dará “un plus de axilidade na toma de decisións” pero que a administración terá “voto cualificado” e “mecanismos para blindar que só participe en proxectos de interese para Galicia”
Baltar logra non ser xulgado ata despois das eleccións por delito contra a seguridade viaria por ir a 215 km/h
O popular ourensán converte o seu xuízo rápido por delito contra a seguridade viaria nunha vista penal ordinaria que se celebrará tres días despois dos comicios do 28M e Rueda xustifica que está no seu dereito
Feijóo nega a representatividade das Cortes: novo fito no seu cuestionamento de gobernos, xuíces e entes de control
O ex-presidente e actual líder do PP asegura que o poder lexislativo, elixido nas urnas pola cidadanía, aproba leis “sen apoio social”
- Crónica Cara ao 28M
- Política Ourense
Baltar e Jácome amargan o aniversario da investidura de Rueda
BNG e PSdeG centran na crise ourensá o Pleno do Parlamento mentres o presidente cualifica de “conduta inaxeitada” o presunto delito de seguridade viaria cometido por Baltar e culpa os socialistas de que Jácome sexa alcalde por non repartirse cargos co PP
Os novos hoteis na costa que quere a Xunta serán privados pero apoiaraos con fondos de recuperación da UE
O Goberno galego corrixe a lei do litoral coa que está a confrontar co Goberno estatal para facilitar que os establecementos turísticos poidan asentarse en edificios preexistentes aínda máis preto do mar do que prevía inicialmente
O PP tomba a ILP pola sanidade pública con máis de 50.000 sinaturas e sinala os autores como "sucursal do bipartito"
O Partido Popular cre que a proposta de SOS Sanidade Pública "non contempla ningunha solución aos problemas" e "só pretende salvar o falso relato da esquerda" e o conselleiro censúraa polo seu "compoñente político importantísimo".
A Xunta tarda máis do que dura o curso en responder as peticións e queixas das familias polos autobuses escolares
A Valedora do Pobo constata demoras de 11 ou 8 meses da Consellería de Mobilidade en contestar a solicitudes de novas paradas que recibe ao comezo do ano lectivo, e tamén censura que non responda ás cuestións concretas que alegan os afectados
Empresas de xogos de azar multadas por aceptar a menores logran que a Xunta oculte os seus nomes
O Goberno galego asume o argumento das empresas de que identificalas afectaría á súa “competitividade” e “posición no mercado”
Os novos helicópteros de salvamento marítimo da Xunta deberán axudar na loita contra os incendios forestais
O novo contrato co que a Consellería do Mar quere mudar os aparatos actuais engade ás misións a realizar pola adxudicataria a de colaborar contra o lume nos montes e esixe persoal con formación e habilitación nese eido
A Xunta desculpa que Monbus non pare nunha parroquia de Noia polas "novas características" da Ponte Nafonso que ela decidiu
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade impulsou unha polémica reforma da ponte medieval e agora di que o resultado “complica a circulación dos autobuses de maior tamaño” dunha liña de longa distancia que ela mesma fixo pasar por ese lugar
Pontón acusa a Xunta de "censura" por prohibir informacións falsas de incendios e Rueda acepta mudar o anteproxecto de lei
A nova lei prohibe "a creación ou difusión de feitos ou datos falsos en relación cos incendios forestais por calquera medio" e o presidente asegura que vai dirixida a quen mobilice recursos para incendios que non existen