Rueda defende a súa "xestión eficaz" fronte as acusacións de BNG e PSdeG de malgastar cartos públicos
Pontón acusa o presidente de rebaixar impostos aos ricos mentres organiza eventos do Xacobeo para unhas poucas persoas e Luis Álvarez insiste nunha investigación do destino dos fondos COVID estatais que chegaron a Galicia
A rebaixa de peaxes da Xunta a familias numerosas só atrae ao 2,5% das que hai en Galicia cun aforro medio de 4 euros ao mes
O Goberno galego gastou uns 30.000 euros no primeiro ano de implantación dunha medida na que se deron de alta 698 das 27.000 familias numerosas existentes no país
- Crónica Orzamentos 2023
- Política
BNG e PSdeG contrapoñen a rebaixa de impostos aos ricos coas deficiencias dos servizos públicos e as políticas sociais
A nacionalista Ana Pontón e o socialista Luis Álvarez salientan que a Xunta podería contratar entre 500 e 700 médicos co que deixará de ingresar
- Crónica Orzamentos 2023
- Política
Rueda defende que ten un proxecto e sabe xestionalo nun debate parlamentario á medida
Tras as críticas por rebaixar o imposto do patrimonio á cidadanía máis rica o presidente anuncia outras baixadas xerais no IRPF que tamén benefician a quen máis ingresa pero asegura que non afectarán á calidade dos servizos públicos
Primeiro acordo de transferencias Estado-Xunta en 14 anos: Galicia xestionará o imposto de vertedoiros e incineración de lixo
O Goberno de España publicita un acordo acadado nunha reunión que non se celebraba desde 2009 pero que o Goberno galego non incluíu na súa axenda pública
A Xunta asumirá en 2023 con fondos públicos a inflación das peaxes das súas dúas autoestradas, que manterán o mesmo prezo
Este ano o Goberno galego subiu as peaxes un 2,5% e asumiu el outro tanto, e o próximo prevé conxelar os importes achegando ata 5 millóns de euros para o total de descontos que aplica nas autoestradas, que se suman aos máis de 80 millóns anuais das autovías con peaxe en sombra
A Xunta regula a mobilidade no emprego público con sete anos de demora e amplas marxes para a discrecionalidade
Con 2.700 funcionarios en postos outorgados 'a dedo' ou sen motivación suficiente, cada consellería decidirá cales seguirán igual e elixirá os tribunais que avaliarán ao resto sen participación dos sindicatos. O novo modelo entra en vigor o vindeiro outubro
A Xunta rectificará varias leis que Feijóo mudou de xeito acelerado en decembro por invadir competencias estatais
O Parlamento reclama á Xunta os datos de mortes con COVID en cada residencia e o PP accede cando xa están publicados
Tras desvelar Praza.gal o detalle de falecementos en cada centro logo de 20 meses de reclamacións legais os populares acceden a entregarllos á Cámara. O PP di agora que “a opinión pública ten dereito” e que a Xunta “sempre” estivo ao lado da transparencia, algo que desmentiu a Valedora do Pobo.
Rueda oculta a aprobación nos seus Consellos da Xunta de decretos polémicos e só vai falar dos que crea "máis relevantes"
O Goberno galego evitou divulgar decisións como a autorización da universidade de Abanca ou o novo sistema de nomeamento de cargos de confianza impedindo así que o presidente fose preguntado por esas cuestións, en liña co que viña facendo Feijóo
O estudo ambiental do primeiro parque eólico en tramitación na serra da Groba obviou especies protexidas
A Xunta rexeita o proxecto polo seu forte impacto ecolóxico e paisaxístico e critica a “ausencia de consideracións ambientais no seu deseño” tras a forte contestación social no Val Miñor e Baixo Miño
A espera cirúrxica segue 20 días por riba da que había antes da pandemia tras o período máis propicio do ano para reducila
O primeiro semestre deste 2022 rematou con 75 días de espera por unha operación no Sergas, 15 máis que o máximo legal e só 2 días menos que a finais do pasado ano