A Xunta di que aprobará este ano a nova lei do xogo, prometida para 2018, e volve demorar a de inclusión social
Rueda avanza xa que os orzamentos do próximo ano volverán contar cunha lei de acompañamento, coas que o Goberno galego vén mudando todo tipo de normas de xeito acelerado e con menos debate
"Existía un perigo previsible" que Adif non evitou: o seguro de Renfe presenta outra peritaxe de Angrois a días de comezar o xuízo
“A posibilidade dun accidente era dun descarrilamento cada ano”, insiste un informe encargado pola aseguradora, interesada en que Adif comparta responsabilidades co maquinista para repartir as indemnizacións ás vítimas
A UE di tras o incendio do Courel que a Xunta "non cumpre" os requisitos para a súa protección
A Comisión Europea lembra que mantén aberto un procedemento de infracción porque non se fixaron obxectivos de conservación suficientes en diversos espazos de todo o Estado, “incluída a zona Ancares-Courel”
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda pide unidade ao seu Goberno e advírteo de que "non hai nada seguro" nun acto de autoafirmación
Catro meses despois de suceder a Feijóo, o presidente da Xunta avanza medidas dos orzamentos do próximo ano e recibe os aplausos dos seus altos cargos nun evento semellante a un mitin organizado na Cidade da Cultura
Indra é condenada por represaliar unha sindicalista da CIG á que vulnerou a súa dignidade persoal
O Supremo desestima un recurso dunha empresa do grupo controlado polo Estado e fai firme unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obriga a indemnizar a traballadora, á que mudaran de posto e deixaran sen ocupación efectiva. O TS nin sequera admitiu a trámite o recurso da empresa e fixo firme a sentenza do alto tribunal galego, que ordena restituír á traballadora "na integridade dos seus dereitos"
Na metade da lexislatura o PPdeG ten pendentes 12 das 19 leis que prometeu nas últimas eleccións
A maioría de leis que se aprobaron no que vai de XI lexislatura non estaban previstas e boa parte delas foron herdadas da X lexislatura, a de menor produción da historia
O TSXG condena a Xunta por acusar unha dependente de ocultarlle unha información que xa tiña
O Goberno galego reclamou á afectada que devolvese 18.000 euros en prestacións alegando que non informara de mudanzas na súa situación que a propia administración validara: “consta nos arquivos”, di o tribunal
A Xunta é condenada a recompensar os descubridores da Pedra Alta, a estela “única” atopada en 2011 en Castrelo do Val
O Goberno galego alegou que pediran o premio demasiado tarde pero o Tribunal Superior négao e obriga a darlles a metade do valor que teña a peza, unha estatua menhir da idade do bronce gravada como un guerreiro
- Galería A Xunta de Rueda
- Política
Rueda fai cen días como presidente coa súa axenda pública centrada no turismo e a gastronomía
Máis dun terzo das xornadas con actos oficiais desde que o popular está no cargo incluíron citas relacionadas con eses sectores, que el mesmo situou na toma de posesión do seu Goberno como “puntal do despegue” de Galicia
Telefónica fará a intelixencia artificial para buscar emprego a parados tras as irregularidades do concurso que convocou a Xunta
Un letrado e un interventor rexeitaron a decisión da mesa de contratación de eliminar á empresa e adxudicar o contrato a outra máis cara e o Tribunal de Contratación deulles a razón
A chuvia deixa en toda Galicia un único incendio, xa estabilizado, tras máis dun mes de lumes
Na primeira quincena de agosto arderon 8.100 hectáreas, que se suman ás máis de 34.000 queimadas na vaga de xullo
2022 xa é o segundo peor ano de incendios por hectáreas queimadas desde 2006
Só os incendios dos que informa a Xunta xa superan as 42.400 hectáreas queimadas de 2011, e por diante só quedan as 60.000 hectáreas de 2017