O procedemento de infracción contra España por seguridade ferroviaria fai catro anos e a UE anuncia unha avaliación este mes
Ante unha pregunta do BNG sobre as “presións” en 2016 do Goberno do PP á Comisión por Angrois, reveladas por Praza.gal, a comisaria de Transportes di que tras valorar a “aplicación das medidas correctoras en España” estudará “novas medidas”
Reganosa, co visto e prace da Xunta, compra un 25% da planta de Xixón que ata agora rexeitaba por vela competidora
A empresa de Mugardos na que o Goberno galego é accionista cede a cambio a Enagás 130 quilómetros de gasodutos que abastecen centrais eléctricas nas Pontes e Sabón e a refinería da Coruña, co compromiso de impulsar unha conexión de hidróxeno co resto da península
- Mapa Sector eólico
- Política
O Goberno de España aproba de xeito definitivo cinco áreas para eólica mariña fronte a Galicia
Condicionantes ambientais e conflito con outros usos como a pesca obrigaron a reducir as zonas previstas inicialmente, que a UE requiría que estivesen aprobadas hai dous anos. O que antes eran "zonas de uso prioritario" agora son "zonas de alto potencial", máis reducidas no caso de catro das cinco galegas “para minimizar a interacción con artes de pesca de fondo: arrastre, palangre e enmalle”
A Xunta non quere que se saiba canto incumpren as súas áreas sanitarias os compromisos que asinaron co Sergas
Sanidade publicita os “acordos de xestión” con obxectivos concretos que asina coas súas sete áreas sanitarias pero di que as avaliacións formais do seu grao de cumprimento “son documentos internos”
Nova condena da Xunta por negar unha axuda ao emprego: pedir a primeira nómina á vez que o contrato é imposible, di o TSXG
Unha empresa solicitou unha subvención o día en que contratou unha traballadora e un mes despois enviou á Xunta a súa primeira nómina. A Consellería de Emprego considerou que era demasiado tarde pero a xustiza dille que antes “non sería posible”.
Feijóo volve un ano despois ao lugar onde dixo adeus a Galicia para lanzar o PPdeG a unhas municipais con "ton" estatal
Igual que hai un ano argumentou a súa marcha como un sacrificio de Galicia por España, agora tamén presenta as as eleccións locais como un chanzo máis do seu obxectivo final, a presidencia do Goberno de España
A Xunta dá visibilidade e promete obras á alcaldesa de Boimorto tras confirmala o PP como candidata malia ‘coarse’ na vacina da COVID
O Goberno galego divulga unha reunión de María Jesús Novo co conselleiro de Medio Rural para “avaliar as demandas e necesidades de Boimorto”
A Xunta amplía a súa Dirección de Simplificación Administrativa con tres postos máis de libre designación
O Goberno galego xustifica a medida no incremento de queixas e peticións de transparencia por parte da cidadanía e no control de posibles fraudes nos novos fondos europeos
A gastroenterite diagnosticada en 3 minutos a unha bebé de 14 meses acabou en peritonite: o Sergas é condenado a pagar 30.000 euros
O Tribunal Superior constata o “dano moral” por non realizar probas complementarias á doente, que permaneceu ingresada 148 días e quedou con secuelas estéticas
Xa dimitiron ou foron cesadas o dobre de persoas pola encarga dos trens que non collerían nos túneles que por Angrois
As caídas dos ex-directores de Seguridade de Adif e Renfe chegaron 5 e 8 anos despois do sinistro do Alvia, mentres que en só un mes un erro de deseño aínda non executado xa custou a cabeza da secretaria de Estado, o presidente de Renfe e dous cargos intermedios
Da AP-9 a Ence: á UE non lle gustan as concesións e prórrogas sen procesos públicos e abertos
Aínda que considera incumpridas dúas directivas distintas, o que hai de fondo nas investigacións da Comisión Europea pola ampliación a Audasa e as concesións costeiras é o temor a que a Administración prime algunhas empresas de xeito inxustificado
Cando o PP preguntou por Ence e a UE respondeu que non se podía incumprir a directiva pola que agora investiga a España
A Comisión Europea lembrou en 2021 ao eurodeputado popular pontevedrés Francisco Millán Mon que os procesos para outorgar ou ampliar concesións debían ser abertos e “promover a competencia leal”