A UE leva a España ante a xustiza pola contaminación por nitratos e pide que se sinalen zonas vulnerables en Galicia
Malia as reiteradas denuncias sobre a situación da Limia polos efectos das macrogranxas, Galicia segue sendo das poucas comunidades nas que non se designou ningunha zona vulnerable, figura que obriga a previr e reducir a contaminación
A Xunta subvenciona a Abanca con 1,2 millóns de euros para que instale caixeiros en 38 concellos tras pechar oficinas nalgúns deles
O Goberno galego elixiu o banco, ao que pagará 7.100 euros por caixeiro e ano, fronte a outra oferta que lle formulou Caja Rural. As condicións mesmo permiten subvencionar caixeiros alí onde Abanca decida pechar oficinas nos próximos anos
Rajoy reaparece en Santiago cun novo libro mentres agarda desde 2014 a que Feijóo lle entregue o título de embaixador do Camiño
Hai agora sete anos a Xunta outorgou ao ex-presidente un recoñecemento que xa recolleron as outras tres persoas galardoadas antes e despois e que só pode recaer noutras catro persoas máis
A Xunta contrata novas obras na súa sede central, cuxa remodelación total prevé que sume cen millóns de euros
Tras investir xa uns 10 millóns e agora adxudicar outros 5 na reforma exterior do complexo, os plans para San Caetano prevén 29 millóns para a reforma interior e ata 54 millóns para ampliacións progresivas sobre o espazo da antiga estación de autobús
Os cortes da liña Ourense-Lugo anticipan o medio ano que estará sen servizo en 2022 para que poida usala o AVE
Adif segue reaxustando as súas previsións sobre os efectos que terán nos servizos as obras en marcha na liña para a súa “adecuación para a alta velocidade”
Os letrados do Parlamento cren que o PP ataca o mercado e a Constitución ao compensar ás construtoras o encarecemento de materiais
Os populares continúan a tramitación das súas emendas á lei de acompañamento dos orzamentos malia ser advertidos polos servizos xurídicos da Cámara galega da ameaza de inconstitucionalidade que supoñen
Marta Ortega será presidenta de Inditex dende o 1 de abril tras a marcha "de mutuo acordo" de Pablo Isla
A compañía remuda a súa cúpula unha década despois do paso a un lado do seu fundador, Amancio Ortega, e nomea conselleiro delegado a Óscar García Maceiras, avogado do Estado con experiencia na banca
- Documento Exame ás contas da Xunta
- Política
A Xunta ten 2.700 funcionarios en postos 'a dedo' ou sen motivación suficiente, un 34% máis que en 2014
O Consello de Contas censura o mal uso que o Goberno galego dá ás figuras “excepcionais” da libre designación e a comisión de servizos
- Documento Recuperación tras a COVID
- Política
A UE di que pequenos concellos poden recibir fondos de mobilidade sostible se o planifica a Xunta, que culpa a Pedro Sánchez
O Goberno galego organizou unha campaña acusando o español de “marxinar” concellos nunha convocatoria de axudas e a Comisión Europea responde que hai outros investimentos para eles pero que tamén se poden beneficiar dos previstos para localidades maiores se a Xunta o planifica
A Xunta pregunta ao mercado por tecnoloxías para facer que as aldeas sexan “sostibles” e “autosuficientes”
O Goberno galego quere coñecer entre 15 e 20 posibles ideas de entre medio millón e 1,5 millóns de euros para melloralas e aplicalas “ás nosas aldeas de sempre” e facelas “intelixentes”
- Documento Cidade da Cultura
- Política
A Cidade da Cultura cifra agora en 293.659 euros o que perderá por considerar a Xunta “spam” un aviso xudicial
O Goberno galego aceptou co seu silencio a petición de 1 millón de euros en xuros que lle fixo a construtora do Museo a través dun xulgado, e agora a auditoría do Gaiás calcula a diferenza entre ese total e o que xa abonara previamente a Administración
O PP di que preguntará no Parlamento aos grupos “se queren unha república independente en Galicia”, debate declarado ilegal en Catalunya
Os populares piden ao BNG que aclare se é independentista pero eles mesmos o definen como “nacionalista” ou “patriota” empregando a palabra vasca “abertzale”