O TSXG volve condenar a Xunta por denegar unha Tarxeta Benvida por un formalismo malia que a familia cumpría os requisitos
O tribunal reprocha a Política Social que non admitise documentación que a nai achegou para xustificar a súa recente separación e considerase fóra de prazo a sentenza da custodia da menor emitida posteriormente por un xulgado
A Audiencia de Pontevedra confirma a condena de Louzán por prevaricación e absolve a ex-alcaldesa de Moraña
A tamén ex-delegada da Xunta é eximida de todos os delitos mentres que o ex-presidente da Deputación só do de fraude, polo que queda liberado da pena de dous anos de cadea pero deberá cumprir sete de inhabilitación para cargo público
Rueda presenta o segundo programa de goberno da lexislatura para que o Parlamento o faga presidente o xoves
O candidato popular chega á súa elección tras unha campaña interna de críticas á oposición e promesas de continuísmo do legado de Feijóo
Xa son vinte os parques eólicos afectados pola decisión da Xunta de acelerar un de forma ilegal
O Goberno galego demora de 15 a 30 días a exposición ao público de parques por 450 millóns de euros en 30 concellos tras a sentenza do TSXG que anulou a aprobación dun en Corme por reducir ilegalmente ese prazo
A Xunta sobe as tarifas dos taxis interurbanos un 9%
O Goberno galego argumenta que a pandemia e a alza de prezos provocou no sector unha diminución da actividade e un aumento dos custos
"Ás veces equivoqueime por non ter información adecuada ou cintura para cambiar de opinión", di Feijóo na súa despedida do Consello da Xunta
O presidente saínte celebra a súa derradeira reunión do Goberno galego tras máis de 600 en 13 anos e asegura que marcha “no mellor momento político para Galicia, con maiores cotas de benestar malia a situación sombría” no conxunto do Estado
Feijóo volve culpar o PSdeG de que Jácome goberne Ourense malia facelo en bipartito co PP
O xa presidente do PP estatal deixa en mans do futuro líder dos populares en Galicia decidir se chega a algún acordo cos socialistas para un goberno alternativo
A Xunta atribúe agora á "configuración da conta" dunha letrada que acabase en 'spam' un correo co que perdeu 293.000 euros
A directora da axencia informática asegura no Parlamento que a Asesoría Xurídica tomou medidas para que non se repita e agora as comunicacións envíanse por triplicado, mentres o PSdeG mantén que “nunha empresa privada esa neglixencia implicaría dimisións”
A Audiencia Nacional obriga a demoler un encoro no Eo fronte ao argumento de Enel de que "a natureza tivo un século para adaptarse"
Tras extinguirse a concesión, de 1907, o Estado ditou que o río debe volver ao estado natural polo efecto negativo da presa para a migración de salmóns ou lampreas, a eléctrica rexeitou facelo e agora a xustiza imponllo
A xira de mitins de Rueda para facerse co PPdeG vira en reparto de consellerías
Con Feijóo xa en Madrid sen axenda oficial da Xunta, o futuro presidente anuncia que o vicepresidente segundo, Francisco Conde, seguirá no Goberno e que nel entrará Diego Calvo, o barón coruñés que demorou o acordo sobre a súa sucesión
A Xunta esgrime un preito co que DomusVi quere agochar as mortes en cada residencia para ocultar outros datos dun informe oficial
Política Social desvía tamén á USC a responsabilidade sobre o balance oficial do impacto da pandemia nas residencias que lle solicitou a comisión de estudo creada no Parlamento
Rueda xa é candidato á presidencia da Xunta co "non" de BNG e PSdeG
Tras as consultas do presidente do Parlamento cos grupos, o pleno no que o popular defenderá o seu programa de goberno comezará o martes 10 de maio, o 12 será a votación e a súa toma de posesión prevese para o sábado 14