Audasa bosquexa unha indemnización "significativamente superior" aos mil millóns se a UE cancela a prórroga que lle deu Aznar
A concesionaria da AP-9 tamén reclama outros 11,5 millóns adicionais aos 13,8 que recibirá pola rebaixa ilegal de Rande e A Barcala decidida polo Goberno de Rajoy en 2017
A Xunta prorroga o contrato de salvamento operado con helicópteros alugados que vendeu en 2012 por "obsoletos"
O presidente Feijóo defendeu a venda dos aparellos pola metade de prezo a que os mercara Fraga sete anos antes co argumento de que poderían obterse outros “máis modernos” en sucesivos concursos como o que agora desbota
A Xunta confirma que Feijóo e os conselleiros mudarán de coche oficial por vehículos DS, de alta gama
O Goberno galego pon o foco en que “a renovación do parque móbil afecta non só a altos cargos” e di que agora hai un 89% menos con “coche e condutor en exclusiva” que durante a coalición de PSdeG e BNG
Edificio de ciberseguridade, sotos de uso cultural, accesos: o que aínda falta no Gaiás, con 5,8 millóns en obras en 2022
Tras dar Feijóo por “completada” a Cidade da Cultura hai tres semanas os seus orzamentos prevén un novo edificio de 1.500 metros cadrados e diversos traballos de construción cando menos ata 2024
A Xunta borrou "por erro" da lei agraria o proceso para trasladar concentracións parcelarias ao catastro e agora recupérao
En maio, ao querer engadir nesa lei 26 palabras para ampliar un prazo, redactou mal a reforma e borrou máis de 300 palabras que deixaron sen contido unha disposición que agora recupera na lei de acompañamento
Feijóo confía en que a intervención da Casa de Galicia por Uruguai será temporal: “Teño a palabra do presidente Lacalle”
Tras anos de axudas por parte da Xunta o presidente galego salienta que é unha “entidade privada” e obvia o futuro do patrimonio cultural
A XXXII Cimeira Ibérica di apostar pola mobilidade e o traballo transfronteirizo tras pechar a fronteira medio ano pola COVID
Os gobernos de Lisboa e Madrid asinan un novo tratado de amizade no que recoñecen o papel das linguas e a cultura na relación bilateral pero sen ningunha referencia expresa ao galego
O Goberno de Uruguai intervén a Casa de Galicia, hospital de referencia no país que acumula anos de perdas
A actual directiva do centro creado pola emigración galega atribúe a situación a anteriores xestores e lamenta non recibir máis axuda do executivo uruguaio, que di querer “preservar a institución e a súa identidade”
Audasa recibirá 13,8 millóns pola rebaixa ilegal de Rande e A Barcala decidida por Rajoy en 2017
O Supremo obriga ao Estado a pagar xa esa débeda con independencia de que noutra causa xudicial se determine se a Xunta ten que asumir a metade
- Galería Sector eólico
- Economía Vigo
Desde o Parador de Baiona ou a ponte ‘romana’ da Ramallosa: así recrean os promotores o primeiro parque eólico da serra da Groba
O propio estudo ambiental impulsado por Acciona inclúe infografías co impacto visual que tería a instalación, cuxa tramitación o Consello da Xunta decidiu acelerar en segredo o pasado xullo
Feijóo insiste en negociar o financiamento da Xunta con outras comunidades tras pedirlle Pontón debatelo en Galicia
A portavoz nacionalista critica que o presidente “pretenda falar con todo o mundo” menos co Parlamento e o popular aposta por un sistema “multilateral” fronte a un BNG ao que acusa de privilexiar a Catalunya
- Interactivo Vertidos nucleares no Atlántico
- Política
A UE supervisa a radioactividade na costa galega tras denunciar varios eurodeputados o esquecemento dos residuos da Foxa Atlántica
O Consejo de Seguridad Nuclear di que a conclusión preliminar é que España cumpre os requisitos previstos de medicións no litoral, a centos de quilómetros das augas internacionais nas que están os bidóns cos vertidos nucleares