Rueda admite que a dimisión de Feijóo é un fito histórico e minimiza a aposta do PSdeG por Besteiro
O presidente di que no socialismo galego “cada ano e medio, dous anos, toca unha crise interna, e esta pode ser unha máis”. Ao termo do Consello afirma que non prevé mudanzas na Consellería de Sanidade e admite que hai críticas e "algunha dimisión, pero o sistema é moi grande, conta con moitos profesionais"
Agresión sexual, abuso de autoridade e lesións na escola da Armada en Ferrol: do "convénche non dicir nada" a 7 anos de cadea
Un tribunal militar da Coruña condena un sarxento alumno de terceiro curso por violentar unha subordinada de primeiro curso para consumar unha relación sexual cando ela quixo interrompela
O Sergas admite que en 2023 ata o 10% das citas de atención primaria tarden máis de 4 días
Sanidade asina “acordos de xestión” coas súas propias áreas sanitarias para fixarlles novamente obxectivos para o próximo ano tras incumprir os deste exercicio. Aspira a unha lista de espera cirúrxica de 54 días, como a de antes da pandemia, o que obrigaría a rebaixar a cifra actual en 20 días
A AP-9 e a AP-53 subirán un 4% en 2023, menos que a inflación, a cambio de aumentar máis nos anos seguintes
O ministerio lembra que “a suba das tarifas é acumulativa” ano tras ano, e establece que o aumento de 2023 que non se aplicará directamente aos usuarios se recupere despois de xeito escalonado
Tres anos e medio sen lograr que a Xunta levante unha plantación de eucaliptos que admite que é ilegal
A Valedora do Pobo desvela os erros e demoras de Medio Rural e lémbralle que debe actuar con “eficacia” e “celeridade” como lle esixe a Constitución
Formoso ofrece a Besteiro ser o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta
O secretario xeral dos socialistas galegos di que “en boa medida” debe o seu posto ao lucense e “por lealdade” renunciaría ás súas propias aspiracións, pero que a decisión “tócalle a el”
O Supremo confirma que a Xunta privilexiou as empresas de comecartos fronte ás de máquinas de apostas
O Goberno galego condicionou a instalación de apostas en bares nos que xa houbese comecartos a que as empresas destas emitisen un informe, o que para o tribunal “parece responder aos singulares intereses” das segundas e non a garantir a saúde ou a orde pública
O departamento de Consumo da Xunta tarda máis dun ano en resolver queixas para as que ten seis meses de prazo
A Valedora do Pobo censura que “bastantes queixas” están a resolverse fóra de prazo ou non se comunican as decisións ás persoas denunciantes
O impacto paisaxístico tomba varios parques eólicos na Serra do Suído
O Instituto de Estudos do Territorio rexeita dous proxectos que sumaban 15 aeroxeradores e insinúa que tampouco validará outros aínda en trámite
A Xustiza anula outro intento da Deputación de Ourense de pagar ao xornal La Región 2,7 millóns polo seu arquivo
O xuíz censura que a Deputación fixese pasar os cartos que o xornal tivo que devolverlle por unha condena anterior como se fosen un ingreso extraordinario que a facultaba a empregar outra figura legal coa que pagarlle novamente
A Xunta evita citar a existencia do gran Castro Valente na declaración de impacto coa que autoriza un parque eólico en Padrón
O propio parque denomínase “Castro Valente” e o Goberno galego esixe a Iberdrola un control arqueolóxico da zona e dubida do impacto paisaxístico, pero elude explicitar a causa
Rueda responde á caída do uso do galego reflectida no Censo chamando a "facilitar a convivencia e cordialidade" lingüística
O presidente obvia os datos agora desvelados de 2021 e remítese a un non comparable estudo do IGE de hai catro anos no que o galego aínda era a lingua maioritaria