O Museo do Mar de Galicia regularízase tras dúas décadas como plataforma do PP nun limbo entre a Xunta e o Estado
Tras anos de irregularidades salariais condenadas pola xustiza e opacidade nas contas da fundación que o rexe, a actual directora, Marta Lucio, ex-senadora popular, quere compaxinar o cargo coa alcaldía de Meis á que aspira
Medio Ambiente rectifica e invalida un parque eólico que afectaría de forma significativa a unha reserva da biosfera
Un proxecto na reserva das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibe un “informe de rectificación” de Patrimonio Natural despois de omitir que se emprazaría na zona núcleo dese espazo protexido
Menos visitas e asistencia a actividades culturais no Gaiás en 2022 malia un novo récord de exposicións
Sen ter en conta a vacinación masiva contra a Covid, a Cidade da Cultura cifra nun millón os visitantes o pasado ano, dos que menos de 200.000 acudiron a eventos culturais, fronte aos 230.000 comunicados en 2021
Poyo, Sangenjo, Puentecaldelas: o proxecto da Xunta para Pontevedra que cadra coa Wikipedia pero borrando o conflito de Ence
O proxecto de mellora da vella estrada a Marín inclúe parágrafos idénticos á enciclopedia de internet pero neles desaparece xusto o rexeitamento social á factoría e pola contra “resucita” Elnosa, xa desmantelada
A Xunta é condenada a indemnizar con 178.000 euros a un pescador ao que por erro deixou sen permiso tres anos
O Consello de Contas reclama ao Sergas unha mellor planificación dos equipos de diagnóstico de alta tecnoloxía
O ente fiscalizador di que o contrato de colaboración público-privada co que a Xunta dispón de 75 aparellos durante oito anos por 88 millóns en lugar de mercalos directamente non tivo unha “transferencia do risco” real ao socio privado
A Audiencia Nacional condena o Ministerio de Fomento por un accidente na antiga N-VI por “falta de mantemento”
Dúas persoas ocupantes dunha moto resultaron feridas e con secuelas físicas tras caer pola grava que ocupaba case un metro do carril de circulación
18,15 euros da Coruña a Vigo, 6,40 de Santiago a Lalín ou 1,70 de Vigo a Baiona: así quedan as peaxes en 2023 nas autoestradas galegas
Tras a decisión do Goberno de España de subir as tarifas só un 4% e asumir con fondos públicos o resto da inflación, e a da Xunta de subvencionalas por completo, as concesionarias veñen de actualizar as súas táboas
A Xunta tarda dous anos en informar ao Parlamento das mortes con Covid en cada residencia en 2020
Tras desvelar Praza.gal as cifras o pasado agosto logo de meses de escurantismo do Goberno galego, agora este envía os mesmos datos á Cámara obviando os dous últimos anos de pandemia
- Vídeo A Xunta de Rueda
- Política
“Década xacobea”, reproches a Sánchez e “uns servizos públicos de primeiro nivel”, na primeira mensaxe de fin de ano de Rueda
O presidente di que a Xunta “vai seguir facendo todo canto estea na súa man” para mellorar a sanidade e a educación
Tras o “bienio xacobeo”, a Xunta prepara xa a “década xacobea”
A Xunta planifica as próximas campañas publicitarias co foco na natureza, a cultura, a gastronomía e a concienciación “para ofrecer un bo trato aos turistas”, pero ten xa a vista posta na “década xacobea, coa celebración de dous en 2027 e 2032”
O Pedregal de Irimia xa é a primeira reserva hidrolóxica subterránea de Galicia
O BOE fai oficial a incorporación de acuíferos baixo terra como o galego ao catálogo de espazos con escasa intervención humana