- Análise Feijóo en Madrid
- Política
E Feijóo decidiu non alcanzar a Fraga: 13 anos, 13 fitos e un adeus
Pouco se parece a Galicia de 2009 á deste 2022 no que o quinto presidente da Xunta deixa o cargo cando aínda lle faltan dous anos para superar os do seu antecesor e despois de aplicar con éxito dispar a súa axenda liberal-conservadora
- Análise Feijóo en Madrid
- Política
Un acordo de Maragall e Carod-Rovira en 2003, xustificación de Feijóo para que o PP pacte con Vox
Feijóo atribúe as dificultades do PP para gobernar en coalición ou con acordos de investidura con outros partidos ao Pacto do Tinell e obvia que o PSOE facilitou a presidencia de Rajoy
Feijóo di agora que se un pai mata un fillo “por un problema coa parella” iso “non é violencia machista, é violencia intrafamiliar”
O presidente pon en dúbida a violencia vicaria un ano despois de que o parlamento aprobase por unanimidade recoñecer como vítimas de violencia de xénero ás mulleres cuxos fillos ou fillas son asasinados ou agredidos polos pais
- Vídeo A cidade do Celta
- Política Vigo
O Celta pide axuda á Xunta para ampliar a súa cidade deportiva cun complexo de ocio mesmo con expropiacións
Tras aspirar hai catro anos a un centro comercial e levantar as primeiras instalacións cunha licenza ilegal, agora a sociedade anónima deportiva controlada por Carlos Mouriño reformula o proxecto
Comezan a funcionar os primeiros 5 caixeiros dos 38 que a Xunta subvenciona a Abanca
O Goberno galego prevé axudar ao banco con 1,2 millóns de euros en catro anos e salienta que haberá un “servizo de asistencia financeira e de formación”, pero obvia que non será de máis de dúas horas á semana
- Documentos Que monte queremos
- Política
Dúas consellerías discrepan sobre se o eucalipto é unha especie invasora con efecto sobre os ríos
Medio Rural critica a Augas de Galicia que considere a árbore un “problema” e lembra que é unha das de “maior importancia forestal”, no que supón unha nova disparidade de opinións entre os dous departamentos
A área prevista para a eólica mariña no sur de Galicia bate con Portugal
O proceso de consulta co país veciño do Plan de Ordenación do Espazo Marítimo que está a elaborar España detectou que, de todos os posibles usos previstos do mar, o único con “posibles efectos desfavorables”, na pesca e a aviación, é o enerxético
Sánchez baixará impostos ante unha guerra que prevé longa e Feijóo aféalle que non os concrete e pide máis
O presidente da Xunta reclama usar máis as centrais térmicas de carbón e lamenta que o Goberno central planifique 20.000 millóns en catro anos para emprego feminino ou prestacións familiares en vez de axudar “á xente” a pagar a enerxía
20 anos de recuperación de dunas en Nigrán tras un século de retroceso: da area que molestaba a empresarios ás ‘micorreservas’
Con aínda moito traballo por diante, os areais de Lourido e Panxón que nos anos 20 do pasado século comezaron a ser urbanizados co nome de Praia América iniciaron hai dúas décadas un lento proceso de protección ao que agora se engade un proxecto científico de colonización e divulgación
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Vox, como Jácome, xa non é "letal"
O bipartito con Vox en Castela e León foi recibido por diversas cabeceiras cun aquel de decepción, retratando a Feijóo fóra do carreiro de moderación no que algunhas delas o situaran. A xustificación do pacto non soa inédita en Galicia e evoca á utilizada para dar a Jácome a alcaldía de Ourense
- Documento O foco na transparencia
- Política
Seis folios, once persoas e ningunha acta: así é segundo a Xunta o comité que a asesora para reformular as residencias
Dous meses despois de anunciar verbalmente no Parlamento un novo modelo de centros “ambicioso, audaz e sensato”, o Goberno galego evita concretar á Camára varios datos e informes que lle solicitou a instancias do BNG
Feijóo segue facendo anuncios de medidas da Xunta para cando el xa non estea
“Garantimos a estabilidade do Goberno de Galicia”, insiste o aínda presidente máis dunha semana despois de confirmar que el mesmo provocará unha crise de goberno para a que aínda se reserva a data