- Análise
- Política
As derrotas da Xunta na súa campaña pola ocupación privada de terreos públicos do litoral
Goberno galego e PPdeG pasaron de prometer hai agora dez anos a marcha de Ence da ría de Pontevedra a despregar todo tipo de iniciativas de momento infrutuosas en defensa das concesións na costa cando en 2019 a da celulosa comezou a perigar
Máis de 2.700 hectáreas queimadas en dous días, a maioría en Ourense, onde os incendios frean no leste e aumentan no oeste
A comarca do Carballiño rexistra diversos focos que ameazaron núcleos de poboación e en toda Galicia xa son preto de 7.000 as hectáreas ardidas no que vai de mes de agosto
Cinco incendios iniciados este martes en Laza, Carballeda, Chandrexa e As Pontes suman outras 1.500 hectáreas queimadas nun só día
No que vai de agosto xa son máis de 5.600 as hectáreas ardidas, tras as 34.000 da vaga de xullo
A Xunta volve aprobar 12 anos despois o estudo ambiental da autovía Santiago-A Estrada, que xa non chegará á Estrada
Continuación da AG-59 entre Compostela e Teo inaugurada en 2008, a anterior autorización caducou tras paralizar Feijóo actuacións pola crise de hai unha década e o novo proxecto xa non enlazará coa circunvalación da Estrada, tamén demorada polo ministerio
A Xunta lanza o proceso que permitirá expropiar monte comunal e ampliar a cidade deportiva do Celta tras legalizar o PP de Mos o xa feito
Tras anular a xustiza as licenzas coas que a sociedade anónima deportiva levantou unha primeira fase, os populares acusan a diversas administracións e colectivos de “criminalizar” o empresario Carlos Mouriño e facilitan que continúe o seu proxecto
20 meses de recursos para divulgar o que a xustiza di que é “información pública”: as 509 mortes en residencias no inicio da pandemia
A Valedora do Pobo, o TSXG e finalmente ata a Xunta admitiron que o detalle de falecementos en cada centro debe ser público
A Comisión Europea insiste: “España non levou a cabo unha investigación totalmente independente” do accidente de Angrois
O director xeral de Transportes da UE ratifica por escrito que segue “en curso” un procedemento de infracción que “non se pechará a menos que as autoridades españolas aborden de maneira eficaz as cuestións propostas”
- Datos abertos O foco na transparencia
- Acontece
O 53% das 509 mortes en residencias nos primeiros 9 meses da COVID foron en centros de DomusVi ou Fundación San Rosendo
Tras rexeitar a xustiza un recurso do grupo que controla o sector en Galicia a Xunta desvela os seus datos oficiais a petición de Praza.gal.
Máis de 4.100 hectáreas ardidas na primeira semana de agosto súmanse ás 34.000 da vaga de incendios de xullo
Na fin de semana logrouse frear o avance dos principais incendios e extinguíronse varios, polo que a primeira hora da mañá deste luns só había catro aínda non apagados en toda Galicia
A balsa de lodos de Alcoa, de cen metros de altura, está case chea e a empresa pide permiso para elevala outros catro metros
A empresa estima que ao depósito actual quédanlle “aproximadamente 4 anos de actividade” e inicia os trámites para a súa cuarta ampliación, que lle daría outros tres anos e medio de vida útil
Rueda di que no Xacobeo "todo o mundo é benvido mentres actúe con civismo" e cre "ideolóxicas" as críticas pola masificación
O presidente evita pronunciarse sobre o modelo turístico que quere Galicia tras encargar o seu Goberno un estudo “urxente” sobre a sostibilidade do sector
A Xunta encoméndase á sentenza do Constitucional sobre o Estatut de Catalunya para xestionar o litoral galego
O Goberno galego esgrime ante o Estado que en 2010 o Tribunal Constitucional, ao resolver sobre a norma catalá, “matizou” ou “precisou” a súa doutrina previa e admite que comunidades como Galicia poidan xestionar as concesións costeiras